A concelleira do Grupo Municipal do PP Beatriz Vázquez explica que dende que comezaron as clases tralo parón polo Nadal, profesores e usuarios amosaron o seu malestar xa que tres meses despois do inicio do curso escolar aínda non contan con todo o material de protección anunciado nas bases da convocatoria do curso, polo que esixe ao bigoberno a dotar de todo o material necesario para impartir as clases con total seguridade

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez, insiste na necesidade de dotar de material de protección ao profesorado da Escola de Música Municipal, algo que están a reclamar os propios mestres.

Beatriz Vázquez ve imprescindible que conten cun subministro regular de máscaras de protección FFP2, desinfectante para as mesas e cadeiras, xel hidroalcohólico e xel para as torres da entrada e para as alfombras de desinfección e un stock adecuado de reserva.

Para a Beatriz Vázquez a improvisación, a falta de traballo e ás presas coas que dende a área de Cultura se quixo poñer en marcha a Escola de Música Municipal vense reflectidas en todas as deficiencias e atrancos que teñen que sortear a diario os alumnos e profesores para poder desenvolver as clases, con certa normalidade.

A concelleira popular recorda que o Concello de Lugo está a incumprir “deliberadamente” o protocolo de seguridade que o propio goberno local implantou, xa que aínda non dotaron ao centro dun dos principais elementos de protección fronte a covid, como son os filtros HEPA. “É curioso que non haxa nin un só filtro HEPA nunha instalación na que estes elementos deberían de ser a primeira barreira de protección fronte a covid, tendo en conta a presencia de instrumentos de vento, o que demostra o nulo interese do goberno local pola Escola de Música Municipal”, sinalou.

Beatriz Vázquez tamén pon de manifesto as queixas realizadas por usuarios da Escola de Música Municipal, que aseguran que dende que retomaron a actividade no centro tralas vacacións de Nadal teñen que soportar temperaturas moi baixas xa que a dar as clases coas fiestras abertas hai que engadir que semella que a calefacción do centro non funciona correctamente. “Deberían de revisar a calefacción para garantir o seu correcto funcionamento e, no caso de que non sexa así, arranxala de inmediato para minimizar os inconvintes”, afirmou.

Leave a Reply

three + eleven =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies