O PP denuncia a ausencia de control municipal na concesión do centro de día Antonio Gandoy

By 6 Agosto, 2019 Servizos sociais

A concelleira do Grupo Municipal do PP Carmen López Silva explica que pedirán copia por escrito de calquer tipo de acta ou documento que reflicta algún tipo de control por parte do goberno local á empresa concesionaria deste centro de día, xa que hai situacións intolerables como os atrasos no pago das nóminas e dos pagos do Concello á empresaO concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Carmen López Silva, denuncia a situación que viven os traballadores do centro de día Antonio Gandoy, unha instalación na que os empregados sufriron numerosos retrasos no cobro das súas nóminas, unha das consecuencias da falta de control e de pago da concesión por parte do goberno local, unha realidade que no Grupo Popular coñecemos a raíz da visita realizada a este centro de día.

 

Carmen López Silva critica que “a falta de traballo” do goberno bipartito local vese reflectido en situacións “tan desagradables” como que traballadores que realizaron o seu traballo vexan como tardan meses en cobrar as súas nóminas porque o Concello de Lugo non abona as mensualidades correspondentes á empresa concesionaria e porque tampouco realiza un control da concesión municipal.

 

Neste senso, a concelleira popular sinala que “moito nos tememos” que dende o Concello de Lugo non realizan o control que deben sobre as concesións e, no caso do centro de día Antonio Gandoy, non vai ser diferente. Os traballadores deste centro sofren numerosas deficiencias, como que non reciben anualmente os dous uniformes regulamentarios para o seu traballo (hai casos nos que os traballadores chegan a comprar a roupa de traballo porque non llela facilitan), os coñecidos atrasos nos pagos das nóminas ou que aos traballadores non lles aplicaron a suba salarial que se recolle no pliego de condicións da concesión. “Son situacións que nos levan a pensar nunha falta total de control por parte do goberno local”, explicou.

 

Por iso, Carmen López Silva anuncia que se pedirán por escritos todos os documentos, actas ou informes que reflictan “algún tipo de control” por parte do goberno local e das concelleiras responsables sobre esta concesión en concreto, porque, no caso de haber control á empresa que xestiona o servizo, vemos que o goberno local “non se implica en que se cumpran as condicións pactadas na concesión”.

 

Incluso, a concelleira popular sinala que agora que parece que o Concello de Lugo se está a preparar para poñer en marcha a administración electrónica, desde o Grupo Municipal Popular comprobamos como neste centro de día tan só hai un ordenador para traballar de titularidade municipal, un terminal que está bloqueado dende hai anos, pero o contrasinal non se lle facilitou aos traballadores “a pesar de que o solicitaron en varias ocasións”. Por iso, para desenvolver o seu traballo a empresa tivo que aportar varios ordenadores, a pesar de que en todo o centro de día “tan só hai internet nun despacho, impedindo así o traballo con medios dixitais”. “En plena era dixital nos atopamos con que a maior parte dos informes dos usuarios se realizan a man. O médico ou a enfermeira teñen que facer todo a man, o que impide a informatización dos expedientes e das historias”, sentenciou.

Responder

two × 3 =