EconomíaProposiciónServizos sociaisTransparenciaZona rural

O PP defenderá ante o pleno catro iniciativas para impulsar a reactivación económica e social de Lugo trala crise económica provocada polo Covid-19

By 27 Maio, 2020Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular instan ao goberno local a deixarse axudar neste intre de dificultade para toda a sociedade para que o Concello de Lugo sexa o fío condutor da recuperación económica do municipio

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo defenderá no pleno ordinario do mes de maio que se celebra mañá de xeito telemático a posta en marcha de medidas en diferentes ámbitos para evitar que a crise económica xerada polo Covid-19 siga a castigaraos lucenses e, entre todos, “poidamos acadar a reactivación de Lugo”.

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, explica que o seu grupo pedirá a creación de cinco mesas sectoriais de traballo para estudar as medidas a desenvolver para que cada sector económico da cidade se recupere da crise xerada polo Covid-19. Estas mesas de traballo teñen que ser o fío condutor para unir aos representantes de cada sector e así estudar polo miúdo en que grao afectou esta crise a cada sector económico e que pasos se deben dar para acadar a recuperación.

As cinco mesas propostas polo Grupo Municipal Popular son:

  • Mesa sectorial de turismo, hostalería e comercio
  • Mesa sectorial do eido rural
  • Mesa sectorial sobre cultura, educación e deporte
  • Mesa sectorial do ámbito social
  • Mesa sectorial do ámbito empresarial e da construción

Para o populares esta pode ser a mellor ferramenta para recuperar “certa normalidade” xa que “se tentamos aglutinar a representantes de toda a sociedade nunha única mesa multisectorial sería moi complicado avanzar”.

Ramón Carballo tamén explica que defenderán crear unha comisión especial de seguimento para consensuar e fiscalizar as medidas municipais para afrontar a crise da Covid-19, na que socialistas e nacionalistas dean conta mensualmente nunha comisión informativa especial das accións que se están levando a cabo ou que teñen previsto poñer en marcha para paliar os efectos da Covid-19 na economía das familias, dos autónomos, das Pemes e dos veciños lucenses en xeral. “Defenderemos que nesta comisión, entre outras cuestións, se poña data e se consensúen as bases para organizar unha homenaxe ás vítimas desta pandemia dentro do ámbito do municipio”, sinala.

Os veciños do rural son “os grandes olvidados” para o goberno de Lara Méndez e Rubén Arroxo. Neste senso, o voceiro popular explica que se instará ao goberno local a aproveitar este momento que vivimos no que hai un auxe na procura de vivenda no rural para que o confinamento intermitente que se prevé sexa moito máis levadeiro.

O bigoberno debería reaccionar e impulsar o asentamento da poboación nas 54 parroquias, a través de medidas para incentivar a rehabilitación ou a construción no rural:

  • bonificación nun 50% da taxa de licenza de obra e tamén no Imposto de Construcións e Obras
  • axilización das licenzas xa que, neste momento, podería haber nos armarios sobre 150 expedientes sen resolver, algunhas de hai dous ou tres anos

Por este motivo, “instaremos no pleno que o goberno local se comprometa a xestionar en tres meses todas as licenzas que están bloqueadas”.

Por último, o Grupo Municipal do Partido Popular pedirá un reforzo dos Servizos Sociais do concello para prepararse ante o aumento da demanda que se prevé. Ramón Carballo explica que “estamos preocupados polo incremento das situacións de necesidade que trouxo consigo a pandemia do covid-19, especialmente no que se refire á demanda de alimentos” e por iso é polo que a coordinación con entidades como Cruz Vermella, Cáritas ou o Banco de alimentos debe ser perfecta.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies