Carballo defende peonalizacións “con sentidiño, con estudos serios e que conten cun amplo consenso político e social” para que non se repitan “experimentos fallidos polo egocentrismo dos nacionalistas que, dende o minuto un, primaron os motivos ideolóxicos máis que pensar na seguridade e fluidez do tráfico”

Ramón Carballo asegura que “dende o grupo municipal alegrámonos que  BNG, por fin, rectifique e reconsidere a decisión unilateral de peonalizar sine die un carril da ronda”. O voceiro popular explic aque “tal e como estaba  pechado o carril da ronda da muralla non se sostiña, foi unha auténtica chapuza” e dille a Arroxo que o PP tenderalle a man para futuras peonalizacións se conta con “informes que o avalen e consenso político e social que o avalen”

O voceiro dos populares insiste en que o PP “somos un partido que cre que hai que avanzar na peonalización de Lugo pero, hai que facelo con sentidiño”.

O voceiro dos populares asegura que “a peonalización provisional, con conos de obra, da Ronda da Muralla foi un experimento que, se ben funcionou durante o punto álxido da pandemia non ten sentido agora que a cidade recuperou o pulso e logo de comprobar os atascos que hai, na época que menos tráfico hai na cidade”. En xuño, dende o PP,  alertamos “que se sinalizase de forma segura o carril”, o 18 dese mesmo mes lamentabamos que “se institucionalizase a provisionalidade cunha chapuza estética que supoñía un risco para peóns e conductores” e logo pedimos que se buscase unha solución porque se lle estaba a dar a puntilla ao comercio do centro.

Carballo explica que “agora máis que nunca” é preciso que se convoque a Comisión de Tráfico para pactar proxectos que afecten á mobilidade xa que “neste momento o BNG mantén a súa política de ordeno e mando co beneplácito do PSOE, dentro deste pacto non escrito que teñen de ocuparse cada un das súas áreas”. “É un sin sentido que cinco edís de 25 marquen o futuro do tráfico na cidade”, reflexionaba.

Leave a Reply

9 + eleven =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies