O PP cualifica de desastrosa a política medioambiental do bipartito trala aparición de numerosos vertedoiros incontrolados no municipio

By 23 Agosto, 2019 Limpeza, Zona rural

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López denuncia que nas últimas semanas vimos como apareceron numerosos vertedoiros incontrolados dentro do municipio, unha práctica que o goberno bipartito non está a perseguir, o que converte ao noso concello nun vertedoiro

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, lamenta a “desastrosa” política medioambiental do goberno bipartito de Lugo que está a permitir a proliferación de vertedoiros incontrolados no termo municipal, unha práctica que pode traer consigo graves danos para o medio ambiente.

Manuel López fai esta afirmación despois de que nas últimas semanas aparecesen novos puntos no Concello de Lugo que se converteron en vertedoiros incontrolados, coma os casos de Muxa ou O Burgo. Nesta última parroquia, nunha finca de titularidade municipal apareceron nestes últimos días un novo vertedoiro cheo de escombros e restos de obras “case con toda seguridade doutros concellos limítrofes”. Por iso, o popular pregunta ao goberno bipartito que está a facer para evitar este tipo de prácticas que, por desgraza, xa parecen habituais no noso concello.

A política medioambiental seguida polo Concello de Lugo “é un desastre” e para mostra os vertedoiros incontrolados que aparecen no termo municipal a diferenza doutros concellos nos que esta práctica non se aprecia, polo menos nunha cantidade e frecuencia tan altas como en Lugo. Algo no que seguramente ten moito que ver que noutros concello si que se persegue con dureza esta práctica, algo que non sucede aquí, razón pola que parece que veñen dende outros concellos a tirar escombros, cascallos, electrodomésticos e todo tipo de lixo.

Neste senso, Manuel López pregunta ao goberno bipartito de Lugo porque queren converter ao noso municipio nun vertedoiro xa que corremos o risco de que se produzan graves danos medioambientais.

Responder

4 × three =