O PP critica unha década de retraso para corrixir o 5% do PXOM e pide tempo para revisalo en profundidade

By 19 Xullo, 2020 Urbanismo

Os populares lamentan o escaso tempo que lle deu o goberno local para analizar o 5% do PXOM que está pendente de aprobación “tivemos 48 horas para examinar 97 documentos e miles de páxinas e planos” lamentando que “para un tema de tanto calado unicamente se nos convoque, un único día, e de forma telemática”. Os populares afirman que estas “non son formas propias dun goberno que busque os consensos” e avanza que “de aquí ao pleno revisarán, en profundidade, a documentación para pronunciarse”.

O vicevoceiro popular explicou que agarda que “este sexa o último capítulo dunha cronoloxía de 20 anos de trámites interminables, de bloqueos e de falta de proxecto de cidade” engadindo que a ausencia deste documento  “deixou tirados a moitos veciños que, durante dúas décadas, quixeron edificar ou mellorar a sua vivenda na zona rural afectada polo 5% e que non puideron facelo pola ineficacia dun goberno, de dous alcaldes socialistas e de cinco responsables de urbanismo”.

Ameijide explicou que se cumpren “dez anos dende a orde da CMATI que suspendeu o 5% do PXOM como consecuencia de diferentes erros na documentación xa que faltaba incorporar estudos hidrolóxicos e hidráulicos de varios leitos así como grafar o tramo alto do rio Rato”. A empresa a cal lle encargou o concello as correccións rexistrou o informe o 21.11.2011 , durante sete anos, cinco dos cales Lara Méndez era alcaldesa, estiveron de brazos cruzados. “É imperdonable esta actitude, o pasotismo e a irresponsabilidade dos socialistas e os seus socios nacionalistas de goberno perxudicaron a 165 núcleos do rural onde non se puido facer nin unha soa reforma ou nova construción”.

O popular lembraba que “pasaron ata seis concelleiros responsables de urbanismo socialistas que preferiron pasar responsabilidades a outras administracións antes que resolver a tramitación que faltaba”. (Besteiro, Liñares, María Novo, Luís Alvarez, Piñeiro, Couto)

Ameijide pide agora o desbloqueo doutros documentos urbanísticos importantísimos para Lugo como “a actualización do Pepri ou do Peprim así como do desenvolvemento de zonas como o entorno do Hula”.

Responder

two × 4 =