O voceiro popular desvelou que “se vén de facer unha modificación orzamentaria de 8.500 € para o control de calidade e as probas nas instalacións” e anuncia que preguntará en comisión “cando se fará esta revisión e en que consistirán os traballos”

O voceiro do Grupo Popular  está preocupado pola “calma” coa que o goberno local se está tomando a apertura do novo auditorio de Magoi. Para Ramón Carballo esta falta de interés “supón unha irresponsabilidade” xa que “cada día que pasa empeora tanto a situación exterior do edificio, que ofrece unha imaxe desanxelada, como no seu interior onde a falta de ventilación e mantemento está provocando danos ao edificio que logo teremos que pagar todos os lucenses”.

O voceiro popular facía esta reflexión logo de desvelar que “se vén de facer unha modificación orzamentaria para dar cobertura a un control de calidade e probas nas instalacións do novo auditorio de Magoi por un importe de 8.591 €”. Os populares queren saber “cando se van realizar as probas, en que van consistir e porque tardaron dende o 23 de xuño, data de recepción da infraestructura por parte do concello, en consignar esta partida”. Asemesmo preguntarán se se están a adoptar algunha medida de seguridade para evitar danos materiais ou nos equipos que hai no interior. Hai que lembrar que, nesta infraestructura cultural, o goberno do Xunta do PP investiu 20 millóns de euros, máis dous millóns no equipamento.

Carballo matizaba que o bipartito de Lugo actúa “ao contrario de todo o mundo” xa que “mentres que calquera persoa que ten algo novo apura para estrenalo, o PSOE e o BNG de Lugo, se empeñan en ignorar esta infraestructura”.

O voceiro popular lembraba como a responsable de cultura, na comisión celebrada o pasado 17 de setembro, poñía en dúbida a seguridade do inmoble chegando a insinuar que houbera perigo para as persoas que entrasen no seu interior e, ademais, tamén se ratificaba en que “mentres non se arranxen as deficiencias non se vai programar nada neste espacio cultural”.

Para Carballo ambas patas do bigoberno se están poñendo de perfil e dilatando a apertura do novo auditorio “perderon a oportunidade de facer os concertos do San Froilán en espazos amplos como os que ofrecía este edificio e, arestora, moito nos tememos que nin para o Nadal serán capaces de abrir as súas portas”.

Leave a Reply

19 − 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies