O PP critica que o BNG inclúa no cartel do San Froilán a actuación dun condenado por apoloxía do terrorismo

By 15 Xullo, 2019 Cultura

Os populares pregúntanse porque os veciños e veciñas de Lugo teñen que pagar cos seus cartos a un grupo musical para actuar nas festas dos San Froilán cuxo vocalista utiliza as redes sociais para facer apoloxía do terrorismo. Dende o PP puntualizan “logo, non hai outras agrupacións galegas ou nacionais para contratar para as patronais” lamentando “que este tipo de situacións vaian a ser as habituais coa chegada do BNG a cultura”.

O PP lembra que “o Tribunal Supremo condenou ao cantante desta agrupación por enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas” dicindo textualmente que “a liberdade de expresión non pode ofrecer acubillo a exteorización de expresións que encerran un inxustificable desprezo cara as vitimas do terrorismo ata conlevar á súa humillación”.

Dende o PP lamentan que “o BNG se escude na liberdade de expresión para contratar a Def con dos para actuar nas festas do San Froilán”. “Xustifican esta decisión amparándose na idea da liberdade de expresión cando adoptaron a decisión de forma unilateral impoñendo o rodillo do goberno sen informar, en ningún momento, ao principal grupo da oposición”.

Os populares tamén piden explicacións á alcaldesa de Lugo sobre se ela e o seu partido, o PSOE, avalan esta contratación “moito nos tememos que Lara Méndez sexa cómplice desta situación”.

Responder

14 − 9 =