O voceiro popular Ramón Carballo lembrou que o  pasado 1 de outubro foi a data límite para aprobar este documento contable en pleno advertindo que “seguirá retrasándose xa que, a estas alturas, nin tan sequera aparece na orde do día da comisión de economía do vindeiro luns”

O voceiro do Grupo Municipal do PP do Partido Popular critica ao goberno de Méndez de arrastrar, ano tras ano, os mesmos erros en canto a política económica. Ramón Carballo manifestaba que “parece que socialistas e nacionalistas non aprenden, nin teñen gañas de cambiar de ritmo de traballo e volven a retrasar a aprobación da Conta Xeral de 2019”.

O popular lembra que “este documento contable ten unha gran importancia xa que resume os principais datos económicos da administración ao longo do ano”. Carballo reflexionaba que “ainda que agora mesmo se apurasen ao máximo xa é imposible que a Conta Xeral se aprobe neste ano”. Esta afirmación vén avalada polos diferentes prazos polos que ten que pasar o documento: primeiro, unha exposición pública de alegacións de 15 días hábiles; segundo 8 días por se hai reclamacións e a continuación emítese un novo informe que se somete a pleno. Toda esta tramitación debería terse completado, tal e como recolle o artigo 212 da Lei de Facendas Locais antes do 1 de outubro”. O documento debe ademais remitirse ao Tribunal de Contas.

O popular lembrou como unha das consecuencias de non ter a Conta Xeral aprobada podría por en risco as transferencias doutras administracións así como a achega de subvencións tal e como ocorreu en anteriores exercicios. “Hai que lembrar que no ano 2018 Méndez deixou escapar, por non ter presentada en tempo e forma a Conta Xeral,  subvencións  por un importe de 239.577  (95.077 € para o Plan de Mellora de Camiños; 120.000 € para habilitación e mellora de infraestructuras dos parques empresariales; 50.000 € para lograr unha programación sociocultural que anticipase a celebración do Xacobeo 2021 e 6.000 € apoio del libro galego”.

Leave a Reply

18 − 8 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies