O PP critica que en 5 meses “pola descoordinación entre PSOE-BNG” non se retirase a escombreira dunha fuga de auga en Iglesias Alvariño

By 23 Xullo, 2020 Infraestruturas

O PP pide coordinación entre o servizo de augas que depende do PSOE e o de vías e obras que é competencia do BNG para  “evitar que puntos onde se reparan fugas tarden semanas, incluso meses en pecharse”. O concelleiro popular Rafael Pérez puxo como exemplo desta situación a fuga de auga que tivo lugar hai 5 meses na rúa Aquilino Iglesias Alvariño onde “á altura do número 6 hai unha escombreira que pecha a escaleira da entrada a un edificio”. O edil do PP asegura que “esta escombreira, e as cintas que cortan o paso dan un aspecto de total abandono e provisionalidade”. Nese senso reclama que de forma urxente repare a zona onde estiveron a traballar os traballadores de augas.

“Pensamos que no concello debería fixar un prazo, dun máximo dunha semana, entre que abren a zanxa para reparar e logo a pechan” e, precisamente nese senso anuncian que presentarán un rogo a comisión.

Dende o Partido Popular volveron a insistir na necesidade de elaborar un estudo da rede de augas e lembran que nun pleno, celebrado en 2010, decidiuse a petición do Grupo popular realizar unha planimetría da rede, sen que ata o de agora se fixese ningún traballo para dar cumprimento a este acordo plenario.

O concelleiro do PP Rafael Pérez explica que o estudo que propoñen permitiría coñecer que tuberías conteñen fibrocemento co obxecto de substituílas de forma progresiva. Entre as últimas fugas detectadas están as rexistradas na noite do domingo ao luns no barrio de Fingoi. “Reventou primeiro na rúa Bataneira, e unha vez que se reparou houbo outras tres roturas nesta zona. Hoxe os operarios municipais seguen reparando a fuga que hai na rúa Figueira” explicou.

Os populares, que comprobaron en primera persoa a situación que hai neste barrio, aseguran que o problema vai seguir polo que “os arranxos que se están a facer non son máis que parches provisionais e piden que de xeito urxente se substitúa toda a canalización desta zona”.

Responder

4 × two =