O PP critica que Arroxo siga sen solicitar formalmente a cesión de San Eufrasio pese a dicir en público que xa o fixera

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide critica que ao vicealcalde Arroxo se lle pegou a actitude da outra alcaldesa Lara Méndez ao culpar a outras administracións en lugar de admitir a súa falta de traballo, xa que agora é o Concello de Lugo é o que está a retrasar a cesión de San Eufrasio ao non solicitar formalmente á Xunta de Galicia a cesión desta vía para a construción da rotonda

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia a posición tomada polo vicealcalde de Lugo, Rubén Arroxo, que hai uns días asegurou que tiñan solicitada a cesión de San Eufrasio á Xunta, algo que non é así, xa que a solicitude ten que realizarse a través dun acordo plenario ou dun acordo da xunta de goberno local, “e non o fixeron así”.

Antonio Ameijide sinala que dende o 20 de decembro Rubén Arroxo ten sobre a súa mesa unha comunicación de Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas, na que lle indica cales son os pasos que ten que dar para que o Concello de Lugo solicite a cesión da parte necesaria da vía para poder facer a rotonda de San Eufrasio.

Neste senso, o concelleiro popular indica a Rubén Arroxo que xa hai un acordo plenario, de decembro de 2013, tomado a raíz dunha iniciativa do Grupo Municipal Popular, para mellorar a seguridade viaria no entorno de San Eufrasio e Fontiñas, acordo a raíz do que o Concello de Lugo podería solicitar á Xunta de Galicia a cesión dos terreos para a construción da devandita rotonda.

Incluso o vicevoceiro popular recorda que foi a Xunta de Galicia a que hai poucos meses renovou a rúa San Eufrasio, unha obra “necesaria” para a cidade. Actuación coa que ademais de corrixir as deficiencias existentes, se realizaron melloras en seguridade viaria, sobre todo nos pasos de peóns, a raíz dunha petición realizada polo Grupo Municipal Popular despois de realizar varias xuntanzas cos veciños da zona.

Ante esta situación, Antonio Ameijide lamenta a actitude que comeza a amosar Rubén Arroxo, unha imaxe propia de Lara Méndez, que opta por buscar escusas e culpar a outras administracións en lugar de admitir a falta de traballo propio. “Semellaba que o vicealcalde impulsaría outra forma de traballar no Concello de Lugo, pero os feitos falan por si mesmos e amosan que Rubén Arroxo comeza a empregar a táctica Lara Méndez de culpar aos outros para tentar tapar a súa falta de traballo”, sentenciou.

Responder

13 + 15 =