DeportesInfraestruturas

O PP critica o “nulo avance” do bigoberno na creación do novo pavillón polideportivo de Lugo

By 23 Febreiro, 2020Febreiro 24th, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Óscar Poy lamenta a “total falta de traballo e interese” do bigoberno na construción dun novo pavillón na cidade, unha medida que xa conta con varios acordos plenarios, todos a iniciativa do Partido Popular

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, critica a posición tomada polo bigoberno municipal, que segue sen avanzar na creación dun novo pavillón polideportivo en Lugo, unha medida que conta con varios acordos plenarios a favor por unanimidade (xuño de 2018 e outubro de 2019), todos a iniciativa do Grupo Municipal Popular.

Óscar Poy explica que na comisión desta mañá o concelleiro de deportes, Miguel Fernández, unicamente se limitou a respostar que “é algo no que traballan” pero sen falar de prazos nin de ningún tipo de compromiso. Incluso, o edil de deportes evitou respostar a proposta do Grupo Municipal do Partido Popular sobre a posibilidade de crear esta dotación na zona de San Fiz. “Queda claro que o bigoberno non ten ningún interese en cumprir este acordo plenario, algo que xa estaba patente dende hai anos xa que non destinaron nin un euro nos orzamentos á creación dun novo polideportivo en Lugo”, lamentou.

O popular non entende a negativa do goberno local neste tema, xa que se trata dunha proposta que tamén se aprobou na Deputación e cuxo acordo inclúe a colaboración do ente provincial e que se pida axuda á Xunta de Galicia e ao Consello Superior de Deportes.

O concelleiro popular critica a postura tomada polo goberno local que segue sen avanzar nesta medida, que redundaría nun beneficio para todos os lucenses debido a necesidade existente de desconxestionar as instalacións coas que xa conta a cidade, “saturadas” na actualidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies