Cultura

O PP critica á alcaldesa por convertir o San Froilán 2016 no máis polémico da historia

By 9 Setembro, 2016Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira afirma que, a 20 días das patronais, a súa única promoción é a polémica das casetas do polbo, as supostas irregularidades na elaboración do programa e revista oficial, os cambios do cartel e a incertidume sobre a montaxe das barracas

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira afirmou hoxe en rolda de prensa que o San Froilán do  2016 pasará á historia pola polémica das casetas do polbo, polas supostas irregularidades na elaboración do programa e revista oficial, polos cambios do cartel e pola incertidume sobre a montaxe das barracas. O voceiro dos populares criticou que a alcaldesa convirta esta edición do San Froilán “no máis polémico da súa historia” lamentando que “se perdan oportunidades para revitalizar unhas festas que son de todos os lucenses e de todos os galegos”

Con respecto ás presuntas irregulariedades na contratación da revista oficial os populares pediron “explicacións inmediatas ao goberno socialista e acceso e copia dos expedientes relativos á edición dos programas e revistas dos últimos dez anos”. Castiñeira reclamou ao PSOE e aos partidos políticos que o apoiaron unha explicación pública e “no caso de que non se produza” avanzou que pedirán “a comparecencia da edil responsable de cultura Carmen Basadre”. “As sospeitas que hai sobre a edición da revista oficial das patronais son graves, xa está ben de trapalladas” reflexionou o voceiro popular.

O voceiro dos populares tamén se referiu á polémica das casetas do polbo “cúmprese, punto por punto, o guión que avanzou hai días o Grupo Popular”. Jaime Castiñeira lembrou como “xa advertimos que as bases desta adxudicación en vez de garantir a competencia o que garantían era  a especulación”. Para o voceiro dos populares con esta adxudicación “arriscámonos a quedar sen casetas” engadindo que “é impresentable que se adxudiquen a unha  mesma empresa os catro caldeiros e tres casetas xa que esta non é a mellor forma de garantir calidade do servizo”.

Castiñeira tamén considera unha irresponsabilidade que “a adxudicación das casetas e os caldeiros do polbo se fixese a tan só un mes da data prevista para que abran”. O voceiro do PP salientaba que “lonxe de mellorar a xestión municipal a alcaldesa incluso estaba facendo ata casi pequeno a Orozco” en alusión a que  seguimos con  empresas sen contrato ou contratos caducados.

Os populares insisten en que o prego de condicións polo que se fixo a contratación debería  contemplar que “o caldeiro e a caseta se adxudique de forma conxunta e sempre evitando adxudicar máis dunha caseta e caldeiro a cada empresa para garantir a calidade e a competencia”. Castiñeira censurou “que non se esixa ningún tipo de experiencia hosteleira aos que participen no concurso”.  O popular tamén reclama que “aquelas firmas que se presenten asuman unha mínima responsabilidade e penalización en caso de non cumprir as ofertas”.

Por último os populares recriminaron o retraso en contratacións básicas e totalmente previsibles para o desenvolvemento do San Froilán. O popular se refería ao alumeado ornamental “hoxe se abriu o prazo para presentar as ofertas cun prezo de licitación é de 30.148 €” indicando que “a instalación das luminarias debería estar funcionando é o día 30 deste mes”. Outro contrato que segue tramitándose é que ainda está en prazo de presentación de ofertas é a contratación da producción integral de espectáculos das festas.

Logo desta retahíla de despropósitos Castiñeira concluíuse os socialistas puxeran todo o seu empeño en desprestixiar o San Froilán non lles sairía mellor”. O popular matizou que “é preciso e urxente dárlle unha volta á situación actual polo ben das festas e pola reputación de Lugo e da institución que todos representamos”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies