SeguridadeTransparencia

O PP constata a negativa de Lara Méndez a asesorar en Lugo a afectados por ocupacións ilegais

By 2 Novembro, 2018Novembro 5th, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide asegura que na comisión de seguimento de acordos plenarios a rexedora confirmou que incumprirá o acordo plenario que a obrigaba a asesorar aos cidadáns afectados por ocupacións ilegais de vivendas xa que alegou que non pensa cumprir ese acordo porque non ten capacidade para indicar aos cidadáns os pasos a seguir para recuperar a súa propiedade

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que Lara Méndez segue a posicionarse do lado dos que optan por incumprir a lei antes que do lado dos lucenses que a cumpren, ao asegurar na comisión de seguimento de acordos plenarios que non creará a oficina de asesoramento a lucenses afectados por ocupacións ilegais das súas vivendas, unha iniciativa que o Grupo Popular levou a pleno e que se aprobou cos votos populares, de Lugonovo e Ciudadanos.

Antonio Ameijide recorda que é a terceira ocasión nas últimas semanas en que Lara Méndez prefire posicionarse do lado dos que optan por non cumprir a lei antes que estar ao lado dos que si a cumpren. O voceiro popular explica que a rexedora votou en contra da creación dunha ordenanza de convivencia e contra a creación desta oficina de asesoramento e agora “nos atopamos con esta posición enrocada” da alcaldesa, que se nega a cumprir coa vontade maioritaria do pleno.

Para o popular esta é unha mostra máis de que Lara Méndez non goberna a cidade baixo a súa vontade, senón que segue as pautas marcadas polo voceiro do BNG, Rubén Arroxo, que tamén se puxo en contra da creación desta oficina, polo que a alcaldesa segue os seus ditames para defender “o sillón e o soldo” antes que preocuparse de quen ten que facelo: polos cidadáns.

Antonio Ameijide explica que durante o presente mandato o Grupo Popular levou a pleno 105 iniciativas, das que se aprobaron 94, un número importante de propostas das que Lara Méndez segue a incumprir o 96% delas, xa que unicamente deu cumprimento a 4 propostas.

Do total de iniciativas presentadas polos populares, 22 foron en materia de mobilidade, todas elas aprobadas polo pleno, e, pese a iso, Lara Méndez aínda non deu cumprimento a ningunha delas, o que amosa claramente o seu “nulo interese” por mellorar a mobilidade na cidade.

Entre esas 22 medidas destacan a renovación integral do sistema de transporte público, posta en funcionamento dun sistema de rotación do aparcamento, ordenanza de gorrillas, mellora da seguridade viaria en cruces perigosos da cidade e un plan de protección para os peóns, a creación dun aparcadoiro nas inmediacións do paseo do Miño ou a creación dun plan específico de acceso ao casco histórico.

Ademais, os populares levaron a pleno para o seu debate 10 propostas encamiñadas á mellora das zonas verdes da cidade, como a creación da praia fluvial, a iluminación dos parques do Miño e Ombreiro, mantemento e creación de novos caniles ou a ampliación e mellora do parque periurbano da cidade, medidas todas que se aprobaron e das que Lara Méndez aínda non puxo ningunha en funcionamento.

Por último, Antonio Ameijide tamén fala das 4 medidas en materia de contratos que os populares presentaron ao pleno e que se aprobaron todas pero que a rexedora segue a ignorar. Esas iniciativas aprobadas son a readxudicación de todos os contratos caducados ou a creación dun sistema aberto de adquisición de contratos menores.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies