O PP considera un agravio “que Lugo sexa a única gran cidade de Galicia que non se adheriu á rede de VioGén de maltrato

By 31 Marzo, 2021Seguridade

A concelleira popular Macamen López Silva lamenta o desinterese do bigoberno á hora de priorizar este programa para as vítimas de violencia machista, que viu a luz no ano 2007, destacando que Méndez e Arroxo “deberían poñerse colorados polo retraso na adhesión a este protocolo xa que seremos a última das sete grandes cidades da Comunidade Autónoma de Galicia en incorporarnos”

O Partido Popular lamenta o bucle de excusas no que entrou o bipartito para xustificar que Lugo sexa a única das sete grandes cidades de Galicia que non está adherida ao VioGén.

A concelleira popular explica que Ourense, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ferrol e Santiago xa forman parte deste programa mentres que o bigoberno de Lugo segue dándolle voltas e freando este trámite”. Macamen López Silva afirma que “os pretextos que pon o bipartito soan a excusas de mal pagador xa que intentan xustificar  a súa ineficacia á hora de incorporarse a un programa que empezou a funcionar no ano 2007”. “A realidade é que Lugo é a única gran cidade galega que está fóra do VioGén e que será a última en adherirse a el” matizando que “esta circunstancia o que reflicte o escaso grao de urxencia que o bigoberno lle da á posta en marcha na nosa cidade deste programa”.

Os populares  lembran que “existe un acordo, de pleno de outubro de 2019 de autoría do PP, no que se pedía a rápida adhesión ao VioGén, así como infinitas preguntas e rogos presentados en comisión para que se axilizase, canto antes, a posta en marcha desta ferramenta”.

López Silva  finaliza indicando que “a protección das mulleres, en especial daquelas que sufren maltrato, debería ser unha das máximas deste Concello” lamentando que “sigan autoxustificando o seu desinterese con pretextos que xa utilizaron hai meses en comisións para disculpar o retraso na adhesión a este programa”.

Leave a Reply

fifteen − 12 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies