Economía

O PP consegue o compromiso por escrito da alcaldesa para fiscalizar mensualmente o cumprimento do Plan de Investimentos

By 28 Xuño, 2017Sin comentarios

O voceiro popular, Antonio Ameijide, anuncia que por responsabilidade cos lucenses e “para evitar que se perdan os fondos europeos do Urban e para desbloquear a parálise da xestión do goberno socialista facilitarán, coa súa abstención, a modificación de crédito que se eleva mañá a pleno”.

O voceiro Partido Popular Antonio Ameijide, acompañado polo vicevoceiro Enrique Rozas, anunciou hoxe, que o seu Grupo facilitará coa súa abstención o Plan de Investimentos que presentou o goberno socialista para este 2017. A decisión deuse a coñecer logo de que os populares forzasen á alcaldesa a asinar un documento polo que se comprometen a informar periódicamente do grao de cumprimento das diferentes actuacións que figuran neste programa.

Antonio Ameijide explicou que “por responsabilidade cos lucenses e para non frear os poucos investimentos que se programan para a cidade” o seu Grupo permitirá as modificacións de crédito que o goberno local levará mañá a pleno”. Este posicionamento se condiciona a que os socialistas informen mensualmente en xunta extraordinaria de voceiros do grao de execución tanto dos investimentos como do pago das subvencións”. O voceiro dos populares explicou que  facilitan o Plan do PSOE a cambio dunha transparencia na fiscalización das actuacións previstas “teñen que ter claro que non lles imos dar un cheque en branco, sabemos que  a estas alturas do exercicio é complicado executar as propostas que inclúen no documento pero non podemos privar aos veciños de que a cidade avance e queremos coñecer de primeira man a evolución destes proxectos”.  O popular lembraba que nos últimos dous anos o grao de cumprimento do plan de investimentos foi dun 43,4 e dun 41,78% . Case a metade do plan de investimentos dos dous anos que leva a alcaldesa gobernando están sen executar. En 2015 quedou pendente un 43,4% e en 2016 un 41,78 %.

Antonio Ameijide tamén puxo de manifesto o seu malestar pola forma coa que a alcaldesa xestou este Plan de Investimentos que “naceu logo do seu fracaso na negociación dos orzamentos para este exercicio”. “É decepcionante que, a estas alturas, non asuma que está en minoría e que falte ao respecto institucional presentando, con anterioridade, estas actuacións aos medios de comunicación que aos grupos políticos”.

Outro aspectos que destacou o voceiro popular foi a advertencia do informe de intervención de que non se xustifican o suficientemente algunhas intervencións subliñando que “algunha sen máis contido e xustificación que a propia declaración dos responsables da Área e que os gastos relacionados non son susceptibles de demora para o exercicio seguinte sen menoscabo do interese xeral”.

 Ameijide insistiu en que o Plan de investimentos é pouco ambicioso e que non se corresponde ás necesidades reais que ten a cidade xa que “se limitaron a recuperar proxectos fallidos de anteriores mandatos e obras que xa tiñan que estar executadas como o Leiraparking”  tamén criticou que “renuncien a proxectos como a Biblioteca da Piringalla, Praia Fluvial, o desdobramento de Duquesa de Lugo e que non haxa nin unha partida para actuacións de accesibilidade”.

O voceiro popular rematou afirmando que a alcaldesa socialista ten o triste mérito de presentar o plan de investimentos máis pobre dende que o PSOE gobernou en Lugo. No ano 2.000 se reservaron 12.7 millóns para obras e investimentos no municipio cando para este exercicio destinan 4.366.473 €”  e tamen salientaba que, por se fóra pouco, a alcaldesa socialista rebaixa nun 52% os investimentos reais con respecto ao plan de 2016.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies