O PP asegura que co bigoberno do PSOE-BNG imponse en Lugo a política do rodillo amordazando ao principal grupo da corporación

By 20 Novembro, 2019 Economía, Transparencia

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo critica a soberbia na que están instalados socialistas e nacionalistas xa que “ninguén tentou falar con nós para consensuar os orzamentos para 2020” e avanzou que, ainda así, presentaremos “o noso proxecto alternativo de cidade, que baixo o paraguas de Barrios en Igualdade, incorpora preto de 70 intervencións”

O Partido Popular asegura que a forma de traballar do PSOE e BNG contradice ao que predican “se lles enche a boca de falar de participación, de sumar todos pero á realidade é que fuxen dos consensos”.

Os populares lamentan a forma de actuar de partidos políticos que se definen como rotundamente progresistas “abriuse un periodo no que se aplica a política do rodillo e amordazan ao grupo político que máis concelleiros ten na corporación”.

O Grupo do Partido Popular coherente cos seus principios anuncia que esta semana presentará ao goberno a súa proposta alternativa de modelo de cidade que baixo o paraguas de “Barrios en Igualdade” onde se recollen unhas 70 intervencións pensando no futuro de Lugo.

O voceiro popular matizaba que “moitas delas achegas proceden de aportacións de veciños e veciñas e outras tantas dos colaboradores do partido nos distintos distritos do municipio”. De feito o PP onte mesmo celebrouse unha mesa de traballo para recoller necesidades e problemáticas que hai nos distintos barrios da cidade”, aclarou Carballo.

O popular explicou que “solicitamos unha partida específica para levar a cabo intervencións estratéxicas que ordenen o espacio público e que contempla diferentes actuacións a executar nos vindeiros catro anos como son:

No eido do urbanismo é preciso orzamentar a actualización do PEPRI; reservar partidas para facer unha revisión integral do PXOM, así como fondos para adaptar o PXOM a nova Lei do Solo. Tamén é preciso ter contar cunha partida para gastos derivados da sentenza de reprosición da legalidade do Garañón. Completan este capítulo de propostas levar a cabo intervencións para mellorar a mobilidade vertical en zonas como o barrio da estación e en Volta da Viña; Cobertura dos parques infantís de Augas Férreas e Praza de Bretaña, adquisición de terreos e proxecto da unión Miño-Rato para pechar o cinto verde; creación dunha zona de baño gratuíta no Miño

Tamén hai que reservar partidas para implantar medidas de control da poboación de gatos callejeros e partidas para creación de novos canís e zonas de esparcemento canino

En materia de mobilidade: Partidas para o estudo, alternativas, proxecto e construción dun aparcamento soterrado na Praza da Constitución; partidas para a creación de aparcamientos disuasorios no entorno do Casco Histórico e resto da cidade en parcelas de titulariedade pública ou conveniando cos propietarios de solares sen uso.

En materia de seguridade: Creación dunha nova delegación da policía local na zona norte; Partida para novo fugón de atestados para a policía local; Partida para reforzo de medios para policía local e bombeiros. Partidas para a posta en marcha dun plan integral de protección ao peón como reforzo da sinalización led con detectores de presenza nos pasos de peóns máis transitados e perigosos do municipio

En materia deportiva: partidas para crear o novo pavillón polideportivo, unha nova piscina cuberta; a cobertura de pistas de tenis do Palomar, a creación dun novo campo de rugby; a cobertura da pista de petanca de Frigsa

Canto as propostas do ámbito social solicitamos partidas en aspectos relacionados con incentivar o envellecemento activo e saudable dinamizando os centros sociais do Concello cunha oferta equilibrada de servizos, recursos e actividades. Incluir unha partida para introducir a teleasistencia avanzada para a mellora da atención aos maiores a través da xeolocalización e os servizos móviles. Reservar unha partida que favoreza a conciliación na que o Concello se comprometa a aportar 100 € ao mes polo nacemento de un fillo. Tamén proponse aumentar partidas destinada á casa da muller para ampliar horario de atención

Tamén hai propostas para impulsar o Casco Histórico como cuarto patrimonio. É necesario aproveitar a oportunidade que nos brinda o Xacobeo 2021 para presumir dos tres patrimonios que temos así como alcanzar o cuarto patrimonio e, por iso, sería preciso ter partidas para: Humanizar zonas do Camiño Primitivo como escaleiras de San Eufrasio, confluencia do Carril das Flores coa Ronda da Muralla ou os pasos soterrados da calzada da Ponte; impulsar un sistema de videovixilancia no Casco Histórico e no entorno de monumentos emblemáticos e edificios institucionais así como promover unha campaña de difusión da marca Lugo e os seus patrimonios da humanidade como reclamo turístico para xerar emprego e dinamizar a actividade económica do municipio. Tamén é prioritario avanzar no Paseo Interior da Muralla así como reservar partidas para incentivar a creación de novas empresas vinculadas aos camiño primitivo.

Para xestión e servizos reclaman reforzos de partidas para facer fronte á renovación de contratos caducados e adaptalos á realidade da cidade; partida para deseño e posta en funcionamento dun novo sistema rotatorio gratuíto de aparcamento; e fondos para crear liñas de axudas para a renovación e modernización do pequeño comercio mediante a implantación das novas tecnoloxías.

En canto ás partidas para zona rural propoñemos reservar partidas para abastecemento e saneamento; para recuperación , mantemento e conservación de pistas e camiños rurais; programa de mobilización de terras, así como para implantar puntos limpos móviles e recollida de aceites.

Responder

2 + six =