O PP alerta que pechar o Anxel Fole sen alternativas aos 400 usuarios agravará os problemas de aparcamento e pode afundir ao comercio do centro

By 13 Setembro, 2019 Economía, Tráfico, Transparencia

Os populares afirman que esta situación “é froito dunha nefasta política urbanística e de mobilidade” e lamentan que “socialistas e nacionalistas en 20 anos non foron quen de liderar o desenvolvemeno urbanístico de bolsas de solo do casco histórico como na que está situado o parking”, unha actuación que o PP propoñía dentro do seu modelo de cidade

O Grupo Popular lamenta que o bigoberno adopte decisións “a golpe de decreto” que poden afectar e danar gravemente ao pequeño comercio sen ter un Plan B con alternativas para minimizar os problemas de aparcamento que suporá a supresión de 400 prazas en pleno casco histórico.

Tras coñecerse a nova do peche do maior parking de Lugo, o do Anxel Fole, o voceiro popular puntualizou que “este é outro motivo máis para ampliar as prazas dos parkings públicos de San Fernando, A Estación e Santo Domingo así como recuperar o sistema de rotación de vehículos gratuíto que propón o Partido Popular”. Ramón Carballo insiste en que dende que se suprimiu a ORA é cada vez máis complicado aparcar no casco histórico, entre outras zonas do municipio.

Outro problema que é urxente resolver é a nova distribución das liñas de autobús urbano “urxe realizar unha distribución acorde ás necesidades dos lucenses e, por suposto, non deixar parroquias sen servizo”.

Para Carballo o peche deste aparcadoiro “é tamén froito dunha nefasta política urbanística e de mobilidade” e lamenta que “socialistas e nacionalistas, en 20 anos, non foran quen de actualizar o PEPRI, nin de liderar o desenvolvemeno urbanístico de bolsas de solo no casco histórico como é na que está situado o parking”, unha actuación que o PP proponía dentro do seu modelo de cidade

O voceiro popular amosou a súa preocupación por esta intervención polo “dano irreparable que podería provocar ao pequeño comercio xa que “se en Lugo a día de hoxe é imposible aparcar, non quero nin pensar que pasará cando boten o peche do Anxel Fole”. Carballo apuntou como, en menos de 100 días, o bigoberno xa cerrou dous aparcamentos lembrando o caso da Milagrosa onde os comerciantes da zona se queixan de que non lles dan unha alternativa e que a ausencia das prazas que ofertaba afecta aos seus negocios”.

Co ánimo de recabar información sobre este peche o Grupo Popular rexistrou unha batería de preguntas.

Responder

19 + three =