O PP alerta do perigo na Fervedoira e esixe medidas inmediatas para a protección de condutores e peóns

By 4 Abril, 2021Abril 5th, 2021Seguridade, Tráfico

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide reclama que non queden no caixón as melloras necesarias na entrada a Lugo pola Fervedoira, onde hai situacións de claro risco para os peóns en puntos como o acceso ás paradas de autobús da zona

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pide ao goberno local o arranxo da entrada a Lugo pola Fervedoira xa que se trata dunha zona moi perigosa para a circulación e para os peóns, ademais de deixar unha imaxe moi mala da cidade xa que se trata dunha das entradas ao casco urbano de Lugo, unha zona abandonada polo titular da vía, que é o Concello de Lugo.

Antonio Ameijide reclama que non quede nun caixón indeterminadamente esta intervención que levamos anos reivindicando dende o Grupo Municipal do Partido Popular, que é preciso acometer a corrección de “situacións de claro risco” que se están a xerar, como é o caso das inmediacións das paradas de autobús, que non teñen nin zona de espera nin marquesina, “ás que se chega sen que haxa beirarrúas que dean seguridade aos usuarios e ás que non se pode atravesar dende o outro lado da estrada debido á inexistencia de pasos de peóns, se queren dotar a zona dunha seguridade aínda maior. “Hai que lembrar que o Concello é titular deste tramo dende 2011 e dende entón ningún dos diferentes gobernos socialistas, coa complicidade do BNG, se preocuparon por dar respostas”, afirmou.

O vicevoceiro popular lembrou que en maio de 2015 se aprobou por unanimidade, a iniciativa do PP, unha proposición relativa á mellora do tráfico e a seguridade viaria, pero á vista da situación que claro quen ada fixeron en seis anos.

Antonio Ameijide sinala que deixando a un lado a imaxe negativa que supón para o municipio ter un dos seus principais accesos nestas condicións “francamente mellorables”, vemos como unha pequena actuación, como a iluminación e a dotación de beirarrúas e pasos de peóns garantirían moita máis seguridade para condutores pero sobre todo dos peóns en todo este treito pero, sobre todo, nas zonas especialmente conflictivas, como son aquelas nos que non hai practicamente beiravía ou esta está totalmente cuberta de maleza.

O peor é que o goberno local segue a mirar cara outro lado a pesar das continuas queixas de veciños e condutores polo perigo que entraña esta entrada a Lugo. “Non é posible entender a desidia de PSOE e BNG, pero o único que esperamos é que reaccionen de inmediato, antes de ter que lamentar algunha desgracia en forma de accidente”, concluíu.

Leave a Reply

12 − nine =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies