Economía

O PP alerta do “despropósito de Méndez” por destinar o 30% do orzamento para pagar reparos de legalidade

By 17 Abril, 2020Abril 20th, 2020Sin comentarios

O vicevoceiro dos populares Antonio Ameijide afirma que “é demoledor que, en 2019, o goberno socialista e nacionalista sumase ata 48 reparos de legalidade e ata 15 recoñecementos extraxudiciais de créditos por valor de 29 806 404 €”

O vicevoceiro popular arremeteu contra o que denominou “a nova marca socialcomunista” en alusión ao feito de que a alcaldesa “se arrogue a competencia de fiscalizar, vía decreto, pagos sen contrato efectuados polo concello de Lugo”.

Antonio Ameijide cualificou de “perigoso” que a alcaldesa continue dando luz verde a recoñecementos extraxudiciais aprobados, de forma unilateral en referencia aos catro decretos que figuran no punto terceiro da dación de contas que se debatirá no pleno do vindeiro luns “Estamos falando dun montante de 877.201,82 € desgranado nun de 587 368,41, un segundo de 79 862,46, un terceiro de 182 747,64 e o último por un importe de 27.223,31 €, neste caso con reparo de legalidade

Ameijide detallaba que hai facturas, nestes lotes, que veñen do ano 2017 lembrando que esta figura só se debería utilizar para casos excepcionais e por riba diso, acreditase un retraso inxustificable no pago a autónmos e empresarios que traballan para o Concello. O edil popular pregúntase “a quen lle pode parecer normal que se pague todavía agora un traslado dun atril cuxa factura ten data de hai tres anos; ou a aliñación dun vehículo municipal que se fixo hai un ano; facturas de mantenimiento de maquinaria de xardinería de outubro e novembro de outubro de 2018; un ano en pagar unha reparación dunha caldeira a un fontaneiro; que se tarda 2 anos en pagar a revisión duns extintores, ou as obras de abastecemento a orbazai de setembro de 2018”.

Por outra parte Ameijide recriminou o “despropósito das políticas económicas de Méndez” xa que a alcaldesa destinou o 30% do orzamento municipal para pagar reparos de legalidade. O vicevoceiro dos populares Antonio Ameijide afirma que “é demoledor que, en 2019, o goberno socialista e nacionalista sumasen ata 48 reparos de legalidade e ata 15 recoñecementos extrajudiciais de créditos por valor de 29 806 404 €”.

O popular concluía “a alcaldesa quere agochar a súa nefasta xestión económica” engadindo que “o manual socialista de Sánchez de cero luz e taquígrafos o seguen ao pé da letra tamén en Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies