O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “dende decembro só quedan dous funcionarios nun departamento no que traballaban seis persoas ata hai poucos anos” e que “nos orzamentos para 2021 se reservou unha nova partida de 405.000 para externalizar este servizo”

O PP alerta de que o bipartito vai privatizar outro novo servizo municipal. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que PSOE e BNG desmantelaron Inspección de Tributos, un departamento que tiña a 6 traballadores e que dende o pasado mes de decembro está en cadro con tan só dous.

Ameijide asegura que a decisión xa está tomada e que, de feito, nos orzamentos municipais se plasma esta intención xa que “mentres que nos orzamentos de 2020 figuraba un epígrafe sobre xestión do sistema tributario por un importe de 1.385.137,18 € para traballos realizado spor empresas, no ano 2021 aparece este mesmo epígrafe cunha contía de 1.396.896 € e, a maiores, se reserva outra partida de 405.000 € para traballos realizados por empresas en materia de tributos”. Esta manobra tamén é “vox populi” na casa e a propia concelleira de gobernanza recoñeceu a traballadores municipais esta trama encamiñada a privatizar outro servizo público máis.

Os populares expresan a súa disconformidad pola privatización deste servizo no que traballadores de empresas privadas teñen acceso a datos de cidadáns ao traballar con información municipal “estamos a falar de información moi sensible que debería estar só en mans de traballadores públicos”.

Para os populares a privatización de inspección de tributos é unha práctica máis que cuestionable e de feito hai sentenzas no País Vasco que fallan en contra de esta práctica por considerar que “es disconforme a derecho”. Por outra parte tamén nega argumentos como que o traballo da firma privada sexa un labor que esta vaia a acometer “en colaboración co persoal municipal cando implique exercicio de autoridade”, tal que como require a inspección tributaria, pois tal condición só é atribuible “aos funcionarios que desempeñan o traballo de inspectores”.

Outro dos argumentos que manexa a sentenza do Tribunal Superior de Justicia Vasco é o Artículo 9 do Estatuto Básico del Empeado Público que di “el ejercicio de las funciones que impliquen la participación directa o indirecta en el ejercicio de las potestades públicas o en la salvaguardia de los intereses generales del Estado y de las Administraciones Públicas corresponden exclusivamente a los funcionarios públicos, en los términos que en la ley de desarrollo de cada Administración Pública se establezca”.

Leave a Reply

five × five =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies