O PP afirma que os primeiros orzamentos do bipartito son “decepcionantes, inflados, imprecisos que renuncian a dinamizar a economía local”

By 22 Novembro, 2019 Servizos sociais, Transparencia

O voceiro e vicevoceiro do PP aseguran que as contas que PSOE e BNG presentan para 2020 responden á filosofía dun goberno bicéfalo “carecen dun modelo global de cidade” recalcando que Lugo necesita un proxecto integral como a alternativa de Barrios en Igualdade do Partido Popular

O vocerio popular Ramón Carballo explicou que os primeiros orzamentos do bipartito son decepcionantes xa que “non van a dinamizar a economía local porque rebaixan os investimentos e disparan os gastos correntes”. Carballo detallou como a suma dos dos gastos correntes (51,86%) e dos gastos de persoal (24,71%) representa o 81,57% dos orzamentos fronte ao 10,42% que se destina a investimentos reais.

O voceiro popular tamén puxo de manifesto que os orzamentos do PSOE-BNG de Lugo son uns presupostos que non blindan os servizos públicos senon que fomentan as externalizacións matizando como “o PSOE e o BNG consolidan nos orzamentos a política de privatización que nos últimos 20 anos fomentaron dende concello desmantelando servizos públicos para externalizar traballos. Así se demostra na partida que aparece para traballos realizados por outras empresas e que ascende a 32.547.821,63 €”.

Carballo tamén criticou que as contas municipais sexan virtuais porque inflan os ingresos. O voceiro popular explicaba como nos orzamentos para o 2020 fan unha previsión de ingresos por taxas e impostos que están fóra da realidade xa que “siguen incrementando as partidas cando na liquidación do pasado exercicio non alcanzaban, nin de lonxe as previsións. Esto é unha proba máis de que non se axustan á realidade.

Tamén engadía que o que figura como ingresos do Estado (17.397.000 €) é unha cifra ficticia porque o goberno ainda non está constituído. O voceiro popular tamén destacou “o ridículo grao de compromiso da Deputación Provincial co Concello xa que en relación ás transferencias correntes a partida é de 10.347 € e de tranferencias de capital 750.000 €. Son irrisorias ambas cantidades e poñen en evidencia o pasotismo da Deputación co municipio lucense”.

Pola súa banda, Antonio Ameijide tamén puxo de manifesto que é desilusionante e pouco crible para os veciños que no Plan de investimentos para 2020 aparezan obras que xa tiñan que estar feitas hai anos como a da praia fluvial ou o desdobramento de Duquesa de Lugo.

O popular tamén enumerou “partidas que botamos de menos” destacando que:

– Non hai nin un só euro para tirar o Garañón; nin para avanzar no Paseo Interior da Muralla; tampouco hai diñeiro orzamentado para aprobar o PXOM e actualizar o PEPRI.
– É insultante a rebaixa compartimos a rebaixa, con respecto ao Plan do ano pasado, dun 83% do investimento para obras de accesibilidade xa que pasouse de 350.000 € (2018) a 60.000 € (2020). Renuncia a proxectos como o que pide o PP para o barrio da Estación ou a Volta da Viña.
– Resulta chamativo que o bigoberno renuncie a fomentar o Camiño Primitivo ás portas do Xacobeo 2021 xa que non figura nin unha soa partida para este Patrimonio Mundial. O seu desinterese pola protección do patrimonio histórico de Lugo vémolo nos cero euros que hai para este asunto.
– Observamos un desinterese, por parte do goberno, á hora de completar o parque periurbano xa que non hai partida para a unión entre os paseos do Miño e o Rato coa adquisición dos 37.000m2 que falta para conectalos.
– Canto á mobilidade é unha mágoa que non planifiquen un proxecto integral e non figure diñeiro para estudar o aparcamento soterrado na praza da estación, ou para máis aparcadoiros disuasorios.
– Tamén é un insulto aos veciños do rural que non haxa nin un só euro para saneamento e abastecemento. Tan só hai 500.000 euros para a zona rural que proceden da deputación.
– Canto ao investimento en deporte non hai nada para impulsar un novo pabillón polideportivo, unha nova piscina ou a cuberta dunha pista do Palomar.

Por último Ameijide explicou que resulta significativo que o prevén gastar en sentenzas sexa case o mesmo que o que orzamentan para emerxencia social: A partida que se reserva de gastos xurídicos contenciosos e que se eleva a 250.000 euros sexa case similar á partida que se destina para emerxencia social e que ascende a 270.000 euros.

Pola súa parte o vicevoceiro popular indicou que son uns orzamentos pouco transparentes. Resulta chamativa que medre a partida xenérica de gastos diversos a 7.255.000 €. “Trátase dun caixón de xastre onde se orzamentan fondos para pagos que están sen identificar, é diñeiro que se reparte de forma discrecional”.

Responder

two × one =