O PP afirma que o silencio de Méndez polo impago da concesión dun aparcadoiro responde a que ten ten algo que ocultar

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide pide a rescición da concesión do aparcadoiro de Viana do Castelo e propón poñelo en funcionamento estudando o modelo que sexa máis atractivo para a zona con novas condicións como podería ser, entre outras, a gratuidade das dúas primeiras horas de aparcamento

190110_003

O Partido Popular amosou a súa inquedanza polo silencio da alcaldesa de Lugo diante do impago reiterado durante oito anos da concesionaria do aparcadoiro público de Viana do Castelo. Antonio Ameijide sospeita que “o feito de que a alcaldesa esté muda, diante deste preocupante caso, teña que ver con que o cambio de titular da adxudicación tivese lugar en época de Liñares”. O voceiro popular matizaba que “foi unha das últimas concesións que aprobou en xunta de goberno”.

Para os populares, de ser viable, suxiren a rescición da concesión do aparcadoiro de Viana do Castelo e propoñen “poñelo en funcionamento estudando o modelo que sexa máis atractivo para a zona con novas condicións como podería ser, entre outras, a gratuidade das dúas primeiras horas de aparcamento”.

Antonio Ameijide explicou que “logo de saltar as alarmas e logo de coñecerse este novo caso de impago dunha concesionaria é preciso clarificar a situación na que está este aparcadoiro público municipal”. Para os populares este caso é de “extrema gravidade” insistindo en que agardarán a ir ao xulgado ata que reciban as contestacións oficiais á batería de preguntas que veñen de rexistrar para clarificar a situación deste aparcadoiro.

Entre as cuestións que reclaman solicitan que se cuantifique a débeda dos oito anos da prestación así como que se determinen as medidas tanto para saldar a débeda como o futuro desta instalación. Outras preguntas que se formularon, dende as filas poulares, son: en que data remata a concesión?; a falta de pago do canon por parte da empresa concesionaria é motivo de resolución do contrato?, nese caso, qué medidas pensa adoptar o equipo de goberno?; cantas inspeccións á explotación e a conservación do aparcamento se levaron a cabo, e cales foron as datas das mesmas?; nas inspeccións realizadas detectáronse algunha incidencia?; cantas prazas ten na actualidade o aparcadoiro público de Viana de Castelo reservadas para os residentes en cesión permanente?; cal é o horario no que a empresa concesionaria ten que prestar o seu servizo?; qué datos ten o Concello de Lugo sobre a explotación do estacionamento no relativo o uso do estacionamento, así como da entrada e saída dos vehículos, duración das estancias ou calquera outro tipo de datos estatístico e por último cantos empregados ten a empresa concesionaria traballando no aparcadoiro?.

Por último Ameijide afirmou que “foi a nosa denuncia a que lles obrigou a abrir un expediente” indicando que “unha vez máis, forzamos aos socialistas a moverse e espertar da súa parálise” matizando que o que pasa en Lugo é “froito da incompetencia e o déficit de xestión da alcaldesa”.

Responder

eleven − six =