O PP afirma que o primeiro ano de bigoberno Méndez-Arroxo “foi desilusionante, sen chispa, e sen novidades para Lugo”

Para os populares facer unha análise deste primeiro ano de goberno bipartito en Lugo resulta doado” porque “seguimos prácticamente no mesmo punto no que estábamos cando ambos partidos se xuntaron  para fundar o goberno máis caro da historia de Lugo e evitar que gobernase a lista máis votada, a do Partido Popular”

Para o Partido Popular “facer un balanzo do primer ano de bigoberno de Méndez-Arroxo en Lugo resulta doado” porque “seguimos prácticamente no mesmo punto no que estábamos cando ambos partidos se xuntaron para evitar que gobernase a lista máis votada, a do Partido Popular”. “O único cambio é que agora se duplican os gastos en campañas personais propias para dous alcaldes diferentes” aseguraba Ramón Carballo en alusión a que “a alcaldesa presenta as súas accións como o goberno de Lara e Rubén Arroxo, tamén vai polo seu lado, publicitando as accións do BNG, cando o lóxico sería que fose un traballo conxunto do goberno do concello de Lugo”.

O voceiro dos populares lamentaba que, nestes doce meses, dende que se celebraron as eleccións municipais nos atopemos “con máis fracasos que logros, ainda que, somos conscientes que a situación do covid complica o funcionamento da administración, non pode servir de muletilla para tapar a falta de xestión de socialistas e nacionalistas”.

 

12 meses do bigoberno Méndez-Arroxo

  • Economía: Temos o goberno máis caro da historia (3.8M€) que na nova RPT multiplicou x 5 os postos de libre designación. Tamén seguimos traendo reparos de legalidade para pagar a empresas sen contrato e anuncian privatizacións de servizos como o da xestión das avarías de auga. O exemplo máis sangrante a multinacional que xestiona o ciclo da auga que suma outro ano máis sen regularizar contrato dende 2011.
  • Transparencia: votan en contra de constituir unha Comisión de Investigación sobre as irregulariedades do pesoal dos 20 anos de gobernos do PSOE por cobertura de postos sen xustificación.
  • Urbanismo: seguimos sen aprobar o 5% pendente do PXOM que afecta a todo o rural xa que frea o seu desenvolvemento así como o asentamento de poboación nas nosas parroquias. Tampouco se fixo nada para actualizar o PEPRI. Proxectos fallidos: praia fluvial, biblioteca da Piringalla, unión paseo Miño-Rato, sen avances no Paseo Interior da Muralla, demolición Garañón, apertura cafetería vello cárcere
  • Mobilidade: seguimos cun transporte obsoleto; prazas de parkings públicos ridículas; acordos municipais de pleno que non se tramitan como a municipalización da ORA, desoiron a proposta de facer aparcadoiros disuasorios en parcelas municipais nas inmediacións do centro; plans de tráfico improvisados como o do barrio da Milagrosa e cero euros para eliminar tapóns urbanísticos.
  • Servizos sociais: imperdoable que sigamos sen adherirnos a viogen alegando “imprevistos administrativos” para no unirse a rede creada en 2006; impagos a traballadores do centro de día Antonio Gandoy; horas de dependencia sen adxudicar; retrasos en atención de citas.
  • Cultura é escandaloso o retraso da apertura novo auditorio de Magoi; o mal funcionamento da Escola Municipal de Música onde parte do seu alumnado perdeu todo o curso académico ; e o abandono dos museos municipais con contidos dixitais básicos fóra de servizo.
  • O fiasco administración electrónica tamén quedou en evidencia coa crise do covid e que sacou á luz a súa situación decimonónica, sen rexistro electrónico municipal e sen ningún trámite que se poida facera o 100% de forma telemática.

Leave a Reply

twelve − five =