Medio Ambiente

O PP afirma que o plan de limpeza de barrios é un fracaso

By 22 Setembro, 2016Setembro 23rd, 2016Sin comentarios

A concelleira popular Ana López Pombo criticou que o cronograma que puxo en marcha o goberno socialista, por fases e de maneira concéntrica, non cumpre as expectativas e que as zonas nas que xa se actuou siguen presentando problemas de aseo urbano

O GMPP afirma que o ambicioso plan de limpeza que puxo en marcha o goberno socialista o pasado mes de marzo “pasará sen pena nin gloria” matizando que “dá a impresión que pasaron de puntillas e que a limpeza non se fixo coa profundidade que se necesitaba sobre todo en puntos que xeneran de forma habitual as queixas veciñais”.

A popular Ana López Pombo facía esta reflexión logo de comprobar algunhas das zonas onde, segundo o calendario de traballo que publica a web do Concello xa se actuou, e onde se detectan problemas de aseo urbano.

A popular poñía o acento en varios casos onde urxe levar a cabo un desbroce da maleza “tanto por imaxe como por hixiene” citando a parcela municipal que hai en Poeta Manuel María “onde hai lixo por todas partes” ou os solares municipais que hai en Paulo Favio Máximo e que tamén “teñen desperdicios espallados e malas herbas de grandes dimensións”.

Outra proba do fracaso deste plan de limpeza municipal é o aspecto do campo de rugby que hai en Sanfiz “en vez dun campo de terra o que hai é malas herbas que impiden a correcta práctica do deporte”. Para López Pombo todos estes exemplos “evidencian a efectividade deste programa de aseo urbano” engadindo que “incluso fannos pensar si realmente cando se pasou polas zonas previstas se actuou de forma integral”.

A popular tamén criticou a suciedade que hai ao pé dos colectores citando exemplos nos que son visibles as deficiencias de limpeza como no barrio de Recatelo. López Pombo destacaba que hai vertidos de residuos líquidos poñendo como exemplo o caso do colector que hai na explanada do parque Rosalía de Castro. “Neste punto existe un vertido de residuos líquidos e espuma que orixinou un regueiro duns 15 metros e que provoca un cheiro insoportable” apuntou a edil do PP. A popular lamentou que se ofreza esta mala imaxe aos turistas que utilizan a zona para pernoctar apuntando que o vertido, leva tempo sen limparse, e que se solidificou  semellando chapapote”.

López Pombo consciente de que o aseo urbano é a carta de presentación da cidade pide aos socialistas que den unha repensada ao plan de limpeza “xa que o que hai arestora en marcha non está a dar os resultados desexados e apenas se nota as zonas onde se actuou”. “Non o di o PP dinno os veciños dos barrios que seguen queixándose da falta de limpeza no seu entorno” puntualizou a popular. A concelleira do PP insistiu en que “se debería intensificar o sistema con auga de presión semellante ao casco histórico en todos os barrios empezando polas rúas  con gran densidade de poboación ou naquelas nas que haxa un importante número de establecementos hostaleiros e comerciais”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies