O PP afirma que o lucense é o galego que máis paga por día pola iluminación navideña

A concelleira popular Encarna Amigo critica o retraso do alumeado navideño e acusa ao goberno local de dar a espalda e desincentivar as compras no comercio local lamentando que “a falta de xestión e o desinterese dos socialistas oscurezan o inicio esta fin de semana da campaña de Nadal”

A concelleira do Grupo Popular Encarna Amigo desvelou que “Lugo é porcentualmente a cidade galega que máis diñeiro orzamenta por día  para o alumeado navideño” e chegou a esta dedución tras comparar os cartos investidos para esta iluminación ornamental entre o número de días e de habitantes das grandes cidades galegas “tomamos como base a partida de 139.000 € e os 98.000 habitantes do municipio fixemos a comparativa co resto das grandes cidades e o resultado certifica que o lucense é o galego que más vai pagar por día polas luces ornamentais do nadal”. A concelleira matizou que “observamos como pagamos por día e habitante máis que incluso os vigueses; cinco veces máis que un orensano; case o triplo que un santigués e o dobre que un coruñés e un ferrolano”. (adxúntase cadro)

Encarna Amigo explicou que “o lóxico é que haxa unha proporcionalidade entre a cantidade de diñeiro orzamentada para o alumeado navideño e o número de habitantes de cada cidade”

Outro aspecto que destacou a popular é o retraso “inxustificable” da posta en funcionamento da iluminación “os socialistas demostran o seu desinterese por apoiar ao comercio local” matizando que “o resultado da súa falta de xestión e que mañá se vai iniciar a campaña de nadal coas rúas sen ornamentación desincentivando as compras e provocando perdas para o comercio tradicional”

Amigo afirma que ademáis de pagar máis “os lucenses seremos tamén os galegos que disfrutemos menos tempo da iluminación xa que, sendo optimistas, e contando que se acendan o 15 de decembro, estaríamos moi por debaixo da media de 35 días que o alumado está acceso noutras grandes cidades galegas”. En resumo, en Lugo teremos un 45% menos de tempo as nosas rúas iluminadas pola ineficacia e as decisións a contrareloxo que adopta o goberno de Lara Méndez.

Responder

3 × five =