Transporte urbano

O PP afirma que a desinformación sobre liñas e frecuencias dos buses frena o seu uso

By 12 Agosto, 2016Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal Antonio Ameijide solicita que “de forma inmediata se elabore e imprima unha guía de man do transporte urbano” explicando que “para os veciños e para os turistas que nos visitan é un auténtico galimatías coller un autobús en Lugo”

O Grupo Municipal acusa ao goberno de non facilitar unha información adecuada das liñas e horarios dos autobuses urbanos “nin hai mapas de man, nin a información da web é cómoda ou accesible, e a maioría dos postes de autobuses e marquesinas que hai no concello carecen dun plano coas frecuencias do transporte”. Para o vicevoceiro dos populares Antonio Ameijide se podería mellorar a información dunha forma sinxela e sen  grandes investimentos “é necesario elaborar un plano, similar ao do metro, que cunha simple ollada poidas localizar a liña que te interese; tamén se deberían imprimir uns sinxelos mapas de man; facer un mantemento adecuado dos postes informativos; crear unha aplicación para móviles e facer máis accesible a web”. Ameijide tamén solicitou que se poñan en funcionamento os 22 paneis informativos electrónicos (SAE Sistema de Axuda á Información) nos que se investiron 400.000 €. O edil do PP indicou que “é unha tomadura de pelo que se monte un sistema, moi beneficioso para os usuarios e que leve máis de cinco anos sen funcionar”. Os populares lembran que os paneis, que os socialistas inauguraron días antes das eleccións de 2011, só funcionaron uns días.

O edil do PP afirma que a desinformación actual está frenando o uso do transporte urbano destacando que “os turistas que nos visitan, sorpréndense porque non haxa una guía de transporte urbano cando noutras moitas cidades se ofrece de forma gratuíta en puntos de información turística ou establementos comerciais”. Os populares explican que “o barullo que hai de horarios e frecuencias condiciona o uso do transporte público na cidade” pero insisten en que hai fórmulas para reconducir esta situación”.

A segunda liña na que hai que traballar é na posta en marcha dun Plan de mantemento dos postes e marquesinas da cidade. Este programa debe contemplar a limpeza, reparación e un estudio para determinar se son necesarios novos postes ou marquesinas. Ameijide explicou que “hai algúns como na rúa da Industria están destrozados, outros como o que hai en Magoi, na rúa Paulo Favio Maximo ou en Sto Grial carecen de información xa que ou ben está borrada polo sol ou ben é ilexible porque o cristal protector está rachado e entra a auga da chuvia”.

Os populares pregúntanse cales son os motivos polos que o goberno local non levan a cabo estas medidas preguntándose “que hai das peticións veciñais da campaña que a alcaldesa levou a cabo en abril e, tamén piden explicacións sobre a comisión creada a iniciativa do PP o 22 de febreiro de 2016 para mellorar e reorganizar o transporte urbano”. Os populares lembran que presentaron hai meses peticións veciñais de para  colocación de novas unidades de marquesinas en puntos como As Gándaras (fronte á residencia da terceira idade) ou no barrio da Ponte (antes da Volta da Viña), no CEAO …

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies