A concelleira do Grupo Municipal do PP Beatriz Vázquez confirmou na comisión de cultura que se celebrou onte, que tanto o PSOE como o BNG non queren abrir o novo auditorio de Magoi xa que Maite Ferreiro asegurou que non ten prevista a contratación de ningunha actuación para o que resta de 2020 nin para o ano 2021

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez, critica a postura tomada pola responsable municipal de Cultura, Maite Ferreiro, que na comisión celebraba o xoves asegurou que o novo auditorio da cidade non depende da súa área, e está claro que non ten ningunha presa de que o sexa.

Beatriz Vázquez non entende a postura da responsable de Cultura, botando balóns fóra xa que aseguran que o novo auditorio de Magoi é unha responsabilidade de Patrimonio, e non amosan interese ningún en que pase ás súas mans. “Despois de todos os anos que estiveron a pedir que se rematase o novo auditorio de Lugo agora resulta que era todo para facer ruído porque nin o queren ter nin teñen presa por xestionalo”, denunciou.

Segue a demostrarse que nin PSOE nin BNG teñen interese en abrir esta infraestructura na que a Xunta investiu máis de 20M€, xa que non teñen previsión algunha de data de apertura, afirmación que se referenda en que Maite Ferreiro asegurou que non contrataron nin teñen previsto contratar ningún tipo de actuación no que resta de 2020 nin para o 2021, a pesar de que recibiron esta infraestrutura en xuño deste ano. “Todo apunta a que seguirán dilatando a posta en funcionamento do novo auditorio porque non son capaces de xestionalo”, explicou.

Unha liña que se reafirma en que desde o goberno local non saben que modelo de xestión pública aplicarán no novo auditorio de Magoi, polo que están a bloquear a entrada dos lucenses a esta gran infraestrutura e a bloquear a cultura en Lugo.

Leave a Reply

4 + 10 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies