O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo cuestiona “a urxencia súbita” de Lara Méndez que di que hai “unha necesidade imperiosa” de avanzar na sinatura do convenio da intermodal, e lle pregunta “que foi o que cambiou dende decembro de 2019” cando votou en contra dunha proposición do PP para impulsar dende o Concello un convenio a tres bandas coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Ramón Carballo alégrase de que a alcaldesa recapacite e, agora, califique necesidade imperiosa avanzar no convenio  a tres bandas para impulsar a intermodal “cando, hai un ano, esa urxencia non parecía importarlle e de feito  votaban en contra dunha proposición do PP para levar a cabo “á maior  brevidade un convenio de colaboración asinado polas tres administracións promotoras (Xunta, Goberno central e Concello de Lugo) similar ao asinado nas cidades galegas que teñen as súas estacións intermodais en execución.

Para Carballo a reunión de onte vén a acreditar que a única administración que traballou en serio nesta infraestructura foi a Xunta de Galicia mentres “a alcaldesa enrredou e dilatou a sinatura deste convenio condenando aos lucenses a máis demoras con respecto a esta infraestructura e a conselleira vén cun proxecto claro para a estación”

O acordo proposto polo Grupo Municipal do Partido Popular no pleno de decembro de 2019 e que Méndez e Arroxo votaban en contra tamén incorporaba un punto relativo a esixir que o Ministerio de Fomento constrúa e financie a estación intermodal que presentou en Lugo en marzo de 2019: Isto é unha terminal ferroviaria reformada e dotada cun aparcadoiro subterráneo que cubra as súas necesidades.

O popular tamén valorou positivamente que Lugo opte aos fondos de recuperación e lle parece “chamativo que a alcaldesa non esté nesa onda e rexeite pelexar por estes fondos de reconstrución que se adican a proxectos similares noutras cidades”.

Leave a Reply

nine + 15 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies