O PP afirma que a falta de ofertas para licitación do edificio Impulso Verde demostra o fracaso do proxecto estrela da alcaldesa

By 4 Setembro, 2019 Transparencia

O Partido Popular quere saber si a alcaldesa vai modificar o proxecto ou prego de condicións da obra do edificio Impulso Verde logo de que onte quedase deserto o concurso por falta de ofertas malia que tiña un orzamento que superaba o millón de euros.

Os populares lamentan que “o edificio estrela do programa electoral dos socialistas naza estrelado” e engadindo que podería responder ao descoñecemento dos socialistas do mercado e da cidade”. Dende o PP matizan que “non é nada novo que nos atopemos con esta situación, hai precedentes similares que poñen en evidencia que non son capaces de resolver licitacións de obras ou servizos sen sobresaltos e sen retrasos”.

Ramón Carballo referíase a cafetería do Vello Cárcere que leva catro anos pechada logo de tres intentos de licitación ou á biblioteca da Piringalla que leva anos en esqueleto metálico por non citar a xestión do servizo do guindastre, entre moitos outros.

O voceiro popular resumía que “pola incapacidade de xestión do bigoberno local cae en desgraza esta edificación símbolo do green Vancouver da alcaldesa e que, segundo os seus cálculos, debería estar feito nun prazo dun ano”.

Dende o grupo popular queren saber “como o bigoberno ten previsto resolver este imprevisto” e, nese senso presentan a seguinte batería de preguntas a comisión.

Para rematar Carballo manifestou que “agarda que esta edificación símbolo do “proclamado Green Vancouver de Lara Méndez non sexa outra obra faraónica como o MIHL de Orozco”.

 

Responder

2 − one =