O PP afirma que a crise de confianza do PSOE en Lara Méndez retrasa o nomeamento do sustito do concelleiro de urbanismo

By 5 Abril, 2021Urbanismo

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide cre que “o egocentrismo da alcaldesa pasa factura ao seu equipo: primeiro, coa dimisión do concelleiro de urbanismo que non soportou que Lara Méndez o desautorizase e desacreditase publicamente e, agora, parece que ningún dos candidatos da súa lista electoral quere dar o paso para substituir e desempeñar as funcións da carteira de urbanismo”

O vicevoceiro popular indicou que “pasaron case tres semanas dende que se coñeceu a renuncia do concelleiro de urbanismo e ainda non se sabe quen se ocupará da dirección política deste departamento”. Ameijide reflexionaba que “á vista salta que a alcaldesa ten problemas para que os candidatos da súa lista electoral den o paso para substituir e desempeñar as funcións da carteira de urbanismo”. Ameijide manifestaba que “comprende o temor das filas socialistas xa que o egocentrismo que exhibe a alcaldesa e as formas cos seus, en alusión á desautorización publica que fixo con Couto, pode supor un freo aos aspirantes a este posto”.

Para o popular o retraso en nomear un concelleiro responsable de urbanismo, que marque o ritmo de traballo e priorice proxectos,  é preocupante xa que estamos nun momento clave para impulsar un sector que xenera moitos postos de traballo no municipio.   Ameijide apuntaba que “hai que ter en conta que urbanismo é un departamento moi importante para o desenvolvemento económico da cidade e que ten moitos asuntos pendentes como: 5% do PXOM; actualizar PEPRI; demolición Garañón; desenvolver ordenanzas como a de Contaminación Acústica …”.

Leave a Reply

four × 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies