Cultura

O PP afirma que a crise das luces navideñas de Lugo responde á improvisación e a incompetencia de Méndez

By 10 Decembro, 2018Sin comentarios

Ameijide acusou á alcaldesa de non dala cara para explicar a súa ineficacia  xa que, neste caso, como sucede con outros moitos contratos, licitouse tarde e por riba demorouse a adxudicación. “O do goberno de Lugo é de nota, fan mal as cousas e por riba non teñen nin a máis mínima autocrítica e utilizan ocurrencias como a de que non tiveron orzamentos ata abril para xustificar que non hai alumeado de Nadal”.

O Partido Popular esixiu a alcaldesa que confirme a data concreta do acendido de todo o  alumeado navideño “estamos falando das 58 rúas e prazas da cidade e non só das arcadas da zona centro” matizando que “estaremos vixiantes de que se complete todo o traballo e que o acendido sexa completo e non só parcial do que se instale no centro”.

O voceiro popular tamén pide explicacións sobre se a alcaldesa pensa pagar o 100% do contrato cando os lucenses só imos disfrutar, no mellor dos casos, da metade dos días contratados. O voceiro popular afirma que “é un insulto aos veciños que a 10 días do comezo das festas cando van prender a iluminación de Nadal”. “Os veciños teñen dereito a saber cando verán o alumeado que nos custa 139.000€” matizou o voceiro dos populares.

O voceiro popular tamén anunciou que para clarificar o sucedido solicitarán a comparecencia da concelleira de cultura Carmen Basadre matizando que  “a estas alturas, é de recibo que os veciños de Lugo reciban as explicacións oportunas polo retraso da montaxe e acendido da iluminación navideña”.

Por outra banda, Ameijide anticipou que “o seu grupo non participará no acto de inauguración do alumeado, si é que finalmente hai luces de Nadal, porque non queremos ser cómplices” do que califican “un insulto e un desprezo ao comercio de Lugo”. Deste xeito, os populares manifestan “a súa queixa pola improvisación coa que o goberno local tramitou este contrato e que suporá que os lucenses sexamos os galegos que máis paguemos por estas luces ornamentales tendo en conta que seremos os que menos tempo as podamos disfrutar”. Lugo é a única cidade de Galicia, e dos poucos municipios de España, que a día de hoxe non ten nin o primeiro adorno navideño nas rúas”.

O voceiro popular concluiu que Méndez ten en vilo a toda a cidade porque ni ela mesma sabe onde están as luces” manifestando que “este descontrol é un golpe máis ao comercio local”.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies