Os populares advirten que se PSOE e BNG non mudan de actitude acudirán á Valedora do Pobo xa que “non podemos permitir este tipo de contratacións, onde cada concelleiro de turno decide a quen contrata, de forma arbitraria, un traballo ou un servizo sen pedir máis propostas”

O Grupo Municipal do Partido Popular presentou hoxe un escrito esixindo o acceso a todos os contratos menores que asinaron os diferentes concelleiros do bigoberno de Lugo neste mandato tras trascender que “en oito meses se realizaron 1.284 documentos deste tipo, co que extrapolando datos no que levamos de mandato serían uns 2.700”.

Os populares levan tempo denunciando “o uso desmesurado e oscuro dos contratos menores opacos por parte do goberno de Lara Méndez” asegurando que “utilizan de forma abusiva esta ferramenta para tapar as cacicadas de cada pata do bigoberno”.

“A actitude de Méndez e o seu equipo está a punto de rebosar a nosa paciencia” manifestou Ameijide. “Non podemos permitir este tipo de contratacións opacas, onde cada concelleiro de turno escolle ou decide a quen contrata o traballo ou o servizo sen pedir máis propostas”. “De non mudar de actitude verémonos obrigados a ter que acudir ao Valedor do Pobo” manifestaba.

O popular tamén criticou que na última instrucción do bigoberno, asinada o pasado 6 de novembro, se afiance o modelo de adxudicación a dedo dado que “a responsable de gobernanza omite nas regras mínimas que propón que se presenten máis ofertas á hora de acceder aos contratos menores”.  “Parece que o Manual do goberno de Méndez é o Manual do novo caciquismo moderno para contratos menores”, resumía.

Ameijide lembra como o seu grupo avoga por un plan de contratación coa finalidade de que se coñeza en todo momento en que situación están tanto as grandes adxudicacións coma os pequenos contratos do Concello. “Trátase de realizar un cronograma para renovar as licitacións e, sobre todo, conseguir que todo o proceso estea marcado pola publicidade e a transparencia” explicou o vicevoceiro popular.

Precisamente no pleno onde os populares presentaron esta iniciativa o goberno local comprometeuse a publicitar a través dunha app os contratos menores e se daba como plazo un mes que xa rematou o pasado 25 de outubro.  Por este motivo, os populares cren que “este retraso responde a que teñen algo que ocultar”.

Leave a Reply

3 × three =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies