Cultura

O PP advirte de que o empeño do PSOE en patrimonializar o San Froilán condenao “a ir cada vez a menos”

By 24 Xullo, 2017Sin comentarios

A concelleira popular Encarna Amigo afirma que “tanto as contratacións, como  o pregoeiro así como o groso do programa deberían terse pechado en xullo para promocionar, á altura que se merecen, as patronais de Lugo”

O Partido Popular lamenta a falta de previsión coa que os socialistas de Lugo programan o San Froilán. A concelleira popular Encarna Amigo afirma que, ano tras ano, malia as reiteradas peticións da oposición o goberno socialista “vai por libre, non se fixa prazos e decide unilateralmente o contido da programación”.

Para a popular o intento de patrimonializar unhas festas que son de todos aboca o declive das festas xa que “para mellorar a promoción é necesario pechar con antelación as actividades e as actuacións”. De feito, dende o PP se propuxo o ano pasado que a distribución de programas e cartelería se fixera en xullo e agosto enviando o material a rede de albergues do Camiño, ás cidades coas que estamos irmandaos así como as que forma parte das cidades catedralicias, ao norte de España e Portugal así como a Madrid e Barcelona”.

Os populares avanzan que á Comisión de Festas convocada para o mércores acudirán cunha batería de suxestións entre as que proporán a incorporación dunha actuación de tirón e inisitirán en que se debe primar á calidade por riba da cantidade.

Outro asunto que porán enriba da mesa ten que ver coa previsión de espazos alternativos para albergar concertos e evitar situacións como as vividas nos últimos San Froilán sonde se tivo que anular, por mor do tempo, algún concerto.

Tamén solicitarán información sobre a adxudicación das casetas do polbo unha polémica que ainda non se zanxou e que danou de forma grave a reputación destes festexos xa que se trata do principal reclamo gastronómico das patronais de Lugo.

Amigo lembrou que o seu grupo, dende o primeiro momento, discrepou coa forma coa que se adxudicaron as casetas do polbo advertindo “dos riscos do prego de condicións nos que se deixaba á porta aberta á especulación”. A popular lembrou que “non se requería ningún tipo de experiencia hostaleira aos que participasen no concurso, tamén criticou  o feito de que non se ligase o caldeiro á caseta”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies