Zona rural

O PP advirte da perigosidade do Camiño Primitivo á altura do Burgo se PSOE e BNG renuncian á circunvalación

By 4 Setembro, 2020Sin comentarios

O concelleiro popular Manuel López explica que “todo apunta a que socialistas e nacionalistas se van conformar con asfaltar a estrada que atravesa o núcleo, e que coincide co trazado do Camiño Primitivo, en vez de impulsar unha vía que rodee as vivendas e explotacións agrícolas e gandeiras deste lugar”

O Grupo Popular sospeitan que socialistas e nacionalistas lucenses vaian a aparcar o proxecto de ensache e mellora da circunvalación de O Burgo. Manuel López explica que “todo apunta a que ambolosdous partidos vanse conformar con asfaltar a actual estrada que cruza o núcleo en vez de acometer  un novo vial que bordee, pola zona norte, as vivendas e explotacións agrícolas e gandeiras do Burgo”.

Esta reflexión fíxoa o concelleiro popular logo de que a Deputación, na xunta de goberno celebrada a pasada semana, acordase executar o asfaltado do tramo que pasa polo núcleo e que coincide cun tramo do Camiño Primitivo salientando que “sendo esta unha actuación moi necesaria, non pode servir para esquivar o proxecto de circunvalación que o PP leva anos reclamando”.

“O que van facer agora é un parche xa que a vía que atravesa o Burgo é moi estreita e con recovecos polo que o seu asfaltado non soluciona o problema de seguridade que hai ao coincidir o trazado co Camiño Primitivo”. “Se queremos poñer en valor este patrimonio cultural, e dado que é unha vía con moito tránsito, deberían poñer o seu empeño en impular esta circunvalación” aseguraban os populares.

O edil do PP lembrou  que socialistas e nacionalistas están incumprindo o acordo de pleno acadado “por unanimidade” hai catro anos a instancias dunha proposición do Partido Popular recriminando que “PSOE e BNG decidan rebaixar a categoría dos accesos nesta zona e non teñan en conta que mantendo a situación actual, sen o novo proxecto, obrigan aos numerosos peregrinos que pasan por este núcleo a sortear maquinaria agrícola e vehículos”.

López explica que a circunvalación que se preveía é fundamental para mellorar as comunicacións entre a zona urbana da cidade coas parroquias de O Burgo, Poutomillos , Prógalo, San Pedro de Mera e Bacurín. Estamos a falar dunha vía cunha alta densidade de tráfico xa que  comunica Lugo con Friol por San Xoán do alto, ata Villamaior de Negral. A circunvalación contempla unha nova estrada de 2,1 quilómetros e cun orzamento ascendía a 510.364 euros. O tramo en cuestión está situado na estrada provincial CP2901 e o desvío faríase dende o Punto Kilométrico 3,3 ata o 5,4 e o proxecto quedou feito polo goberno do Partido Popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies