O PP acusa de “irresponsables, soberbios e sectarios” a Méndez e Arroxo por negarse a buscar unha solución que evite pechar o parking Ánxe Fole

O voceiro popular Ramón Carballo afirma que PSOE e BNG demostran que “teñen moi pouco interese en solucionar un problema, que eles mesmos xeraron, e dan por bo o decreto de peche do Ánxel Fole” deste xeito interpretaba o voceiro popular a ausencia de Méndez e Arroxo na convocatoria, prevista para esta mañá

O voceiro do Grupo Popular critica “a irresponsabilidade e a soberbia de Méndez e Arroxo” logo de que esta mañá non acudisen á xuntanza á que lles convidou o Partido Popular para buscar solucións que eviten o peche do parking Ánxel Fole.

Ramón Carballo manifestou que “a súa ausencia é unha proba de que teñen pouco interese neste asunto xa que nin queren escoitar as propostas que temos , e o que nos parece máis grave, é que dan por bo o decreto que ordea o peche desta instalación”. “Ata son sectarios en cuestións que afectan a intereses xerais” puntualizaba Carballo lembrando que neste caso tratamos unha cuestión que afecta ao comercio local, hosteleiros do Casco Histórico así como a todos os cidadáns que precisan achegarse ao centro para realizar calquera xestión ou actividade.

Dende o PP insisten en que existen procedementos legais que permitirían manter aberta esta infraestructura ao igual que se fixo con outros edificios de Lugo “só falta ter vontade política e traballar nunha única dirección” . “Se o parking leva 20 anos nunha situación de irregularidade é porque os distintos gobernos socialistas non fixeron o seu traballo para impulsar o desenvolvemento urbanístico desta zona xa que tiñan a capacidade e a responsablidade de telo feito para non chegar a esta situación”.

Responder

one × 2 =