Cultura

O PP acusa ao goberno local de politizar as contratacións do San Froilán

By 2 Outubro, 2020Sin comentarios

A concelleira popular Beatriz Vázquez afirma que “se carece dun criterio uniforme para realizar as contratacións e que en ningún momento, se deron explicacións técnicas para xustificar unhas actividades e outras non” matizando que “por exemplo, non comprendemos a que se debe a que as charangas non podan actuar, pero os grupos tradicionais pola rúa si”

O Partido Popular afirma que se suceden os capítulos de desencontros e de declaracións cruzadas entre PSOE e BNG a conta das Festas do San Froilán. “Mentres a alcaldesa di que é importante manter o espíritu das patronais” o BNG renuncia aos fogos artificiais e tamén ao alumeado para “evitar a súa interpretación, por parte da poboación, como un sinal de ambiente lúdico e festivo” tal e como se recolle no decreto asinado pola edil de cultura.

Para o Partido Popular resulta “sorprendente” que os nacionalistas, co amparo do PSOE, utilicen un criterio diferente á hora de contratar as actuacións dos festexos “renuncian ás  charangas, sen dar ningunha explicación técnica,  pero sen embargo non se privan de contratar gaiteiros, pandereteiras … etc para participar na que eles estan a denominar  “Feira Cultural do San Froilán”.

Vázquez di que a responsable do BNG volve a eludir a responsabilidade de manter a importancia e a pluralidade das festas patronais desta cidade xa que é clarísima á degradación ás que as somete ano tras ano: “este ano nin festas, nin é de recibo denominar feira cultural ao que está a contratar”.

A popular concluía que “estamos de novo diante dunha clara politización das patronais escollendo a dedo, o BNG e asesores, aos grupos sen dar participación a outros”

Os populares tamén lamentaron que por falta de xestión “nin tan sequera son capaces de promocionar o pouco que contrataron para estas patronais” en alusión a que “a dos días do comezo das festas nin tan sequera está dispoñible o programa de man e a cartelería vén de chegar”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies