O vicevoceiro popular Antonio Ameijide di que a concelleira de economía abre un novo cisma contra Méndez e o anterior goberno a conta dos contratos menores cando se disculpa con que “hai deficiencias herdadas como excusa para botar balóns fóra dunha forma descarada, obviando que os seus antecesores eran do seu partido, e algúns, compañeiros do actual goberno incluso a súa propia xefa”

A falta de información sobre os contratos menores que están realizando os diferentes servizos do Concello de Lugo centraron o debate da Comisión de Economía que se desenvolveu hoxe. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide amosou a súa sorpresa porque a responsable de economía “volve a cargar contra o goberno de Méndez” manifestando que “estamos diante dun novo cisma no equipo de goberno onde a concelleira de economía culpa aos seus predecesores do Partido Socialista das deficiencias herdadas en materia económica e, máis en contreto do descontrol que hai á hora de publicar a información destes procedementos”.

Ameijide explica que o seu grupo quere saber cantas propostas de gasto houbo nos 1.284 contratos menores efectuados no que levamos de mandato. Tamén quere coñecer se houbo fraccionamentos, e os nomes das empresas que efectuaron os traballos. Toda esta información debería estar xa publicada pero, lamentablemente no Concello de Lugo incúmprese de forma sistemática a Ley de transparencia e a Ley de Contratos.

Os populares afirman “non se nos pode pedir paciencia nin confianza na súa xestión. Somos conscientes de que as cousas levan o seu tempo pero, os socialistas levan anos de retraso en transparencia. É unha desfachatez que a concelleira socialista de economía se desligue do desmadre desta área  esquencendo que foron eles os autores desta desfeita e que varios seguen sentados neste goberno, mesmo unha delas é a súa xefa: a alcaldesa de Lugo”.

Ameijide explica que o Partido Popular leva anos esixindo que se cumpla a lei: a quen se piden as ofertas, a quen se contrata e por que importe e que toda esta información sexa pública tal e como esixe a lei. O concelleiro popular recorda que en 2018 se aprobou no pleno unha moción, a iniciativa do PP, para  crear un sistema aberto de adquisición para contratos menores para dar publicidade á contratación municipal e a posibilidade de acceder a todos os autónomos e empresarios, pero a rexedora négase a implantalo.

Os populares tamén lembran que se está a incumprir reiteradamente o artigo 63 da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público que establece que a publicación da información relativa aos contratos menores deberá realizarse polo menos trimestralmente.

Leave a Reply

3 + 11 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies