EconomíaTransparencia

O PP acusa a PSOE e BNG de inmorais por aprobar uns orzamentos que favorecen a suba dos seus soldos e a compra de coches oficiais de alta gama

By 18 Decembro, 2020Sin comentarios

O Partido Popular non apoia os orzamentos do bipartito de Lugo porque aumentan o gasto corrente en 2,5M€, reducen a un ridículo 15% os investimentos e supoñen unha hipoteca para os lucenses a conta do crédito de 7M€ que van pedir  epolo que pagaremos 1M€ de intereses

O voceiro do Grupo Popular explicou que o seu grupo non apoia os orzamentos do bipartito para 2021 porque “non responden aos principais problemas de Lugo, aumentan o gasto e presentan un plan de investimentos moi pobre que non resolve problemas pendentes que ten a cidade”. Para Carballo estamos diante duns orzamentos que son malos para Lugo porque responden a un reparto de cuota que acordaron PSOE e BNG sentenciando que “están feitos a medida para sacar réditos políticos en vez de ser os orzamentos que necesita a cidade”.

O popular tamén arremeteu conta “a hipocresía da esquerda de Lugo” asegurando que queda ao descuberto cando “votan a favor de subirse un 2% o soldo, e cando  votan a favor de gastar 100.000 € na compra de dous vehículos de alta gama”. “Sen dúbida son uns orzamentos progresitas pero porque vostedes progresan que da gusto. Que a alcaldesa non se sonrroxe non nos sorprenden pero, do señor Arroxo, que non se poña roxo quen o diría”.

Para os populares “o feito de aumentarse o soldo e de mercar coches de alta gama para viaxes nesta situación de pandemia, cando miles de familias lucenses reducen os seus ingresos e loitan por sair adiante é unha clara mostra de que o bipartito non está no Concello polo interese común, senón polo interese propio”.

Durante a súa intevención Ramón Carballo tamén indicou que os orzamentos de PSOE-BNG para 2021 “suporán unha hipoteca para os lucenses” que teremos que pagar durante 10 anos un crédito de sete millóns de euros, cuns intereses de case un millón de euros. Tamén os cualificou “de ficticios” porque non contemplan partidas para asumir, entre outros, as indemnizacións millonarias da fábrica da luz. Outro motivo para rexeitar estes orzamentos do bipartito lucense é “o escasísimo peso do plan de investimentos para 2021, que non chega ao  14% do total do orzamento” así como “a continua a escalada do gasto corrente que, para o vindeiro exercicio, suporá unha suba 2,5M€”.

O popular tamén criticou que “non abrisen un diálogo previo para chegar a consensos” acusándoos de cinismo por “asegurar que si as tiveron en conta cando non contemplen practicamente ningunha das achegas que realizamos”.

O popular tamén cuestionou “que sexan os orzamentos máis sociais  cando recurtan nun 32% a partida doutras accións de promoción social en concreto, restan 300.000 € a entidades que están dándolo todo nesta pandemia e ofrendo apoio e alternativas que ás veces non dan outras institucións como o Concello”. No tocante aos gastos en promoción de emprego, outro tanto do mesmo, xa que pasan de 8.349.344 € a 3.127.363 €; tamén é significativo o recorte en promoción e reinserción social que pasa de 505.646 €  a 207.600 € .

O popular enumeraba diferentes cuestións que botaman de menos nos orzamentos dende os cero euros para o novo auditorio, pasando pola falta de inversión para actualizar o PEPRI, revisar o PXOM, rematar a unión do Miño e o Rato, a praia fluvial ou a demolición do Garañón entre outros.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies