O PP acusa a Méndez de eludir responsabilidades e de ser cómplice da política de persoal de 20 anos do PSOE

By 4 Outubro, 2019 Persoal, Transparencia

Os populares anuncian que estudiarán pedir a comparecencia en pleno da concelleira responsable de persoal, Paula Alvarellos, para que aclare “cal é a situación real do persoal e que medidas van a adoptar” tras coñecerse que podería haber 228 traballadores que cubren prazas de forma ilegal

O Partido Popular estudiará a posibilidade de pedir a comparecencia en pleno da concelleira responsable de persoal, Paula Alvarellos, para que pasos vai dar o goberno para poñer coto á grave situación que vive o persoal municipal tras publicarse un informe no que se indica que podería haber traballadores que cubriron prazas de forma irregular.

O voceiro popular Ramón Carballo amosou o seu asombro pola actitude da alcaldesa que como sempre “bota balóns fóra” cando ela é a responsable da política de persoal e cando foi a propia alcaldesa a que designou dous directores de recursos humanos que avalaron, no seu mandato, a política de persoal que houbo nos últimos 20 anos do Partido Socialista.

O popular dixo que “non é crible que Lara Méndez se inhiba desta situación e que se negue a recoñecer que o PSOE colocou ao persoal a súa medida sen ter en conta a Lei de función pública”.

Carballo indicou que con Lara Méndez a política de persoal no Concello de Lugo chegou “ao cúlmen da crispación” lembrando que “houbo a primeira folga da historia dos traballadores do Concello” tamén acusouna de “desmantelar servizos e de externalizar prestacións que poderían asumirse co persoal da casa”.

Responder

three × 5 =