PersoalServizos xeraisTransparencia

O PP achaca á desorganización do goberno PSOE-BNG e á obsoleta administración electrónica o retraso de 18 días no rexistro

By 29 Abril, 2020Sin comentarios

Os populares afirman que “a avanlancha de solicitudes do Reanima bloqueou o rexistro” e que ainda teñen preto de 2.000 escritos pendentes de rexistro telemático dende o 15 de abril a última hora da tarde, a maiores das comunicacións diarias que os veciños presentan vía internet “co que hai un atasco monumental no servizo”

Os populares afirman que houbo “unha absoluta falta de previsión por parte do goberno local” que xunto cos problemas e fallos constantes da plataforma, instalada hai medio ano para facer os trámites de rexistro on line, torpedean o funcionamento administrativo. O goberno dos socialistas e nacionalistas de Lugo está a demostrar unha incapacidade absoluta á hora de rexistra  a avanlancha de  solicitudes do Reanima.

Neste momento hai un tupido tapón de comunicacións que desbordan aos traballadores do servizo e que lles impiden ter ao día o rexistro telemático. Antonio Ameijide lamenta que esta falta de organización afecte ao resto de escritos que os lucenses están presentando que seguen “en cola” ata que se resolvan as comunicacións relativas ao Reanima.

Por outra parte o vicevoceiro popular amosaba a súa preocupación polas consecuencias que vai ter este retraso no rexistro á hora de axilizar o cobro das axudas do Reanima. Neste momento hai preto de 2.000 solicitudes por rexistrar “os 11 traballadores que hai para rexistro telemático están ainda cos escritos do día 15 de abril, que foi a data na que se abriu o prazo desta axuda municipal, tendo en conta que seguen chegando máis comunicacións, e sumándolle a iso os problemas da plataforma telemática todo apunta a que se irá acumulando un retraso monumental que podería aprazar os prazos para cobrar esta axuda municipal”. Ameijide calcula que “os lucenses non verán os cartos desta achega ata o mes de xullo” xa que “unha vez que se faga o rexistro, hai que valoralas, solicitar documentación que falte e proceder logo a tramitación do pago, unha tarefa que neste concello non se caracterizan por facer demasiado rápido”.

Os populares conclúen que “o descontrol do goberno local de Lugo no rexistro telemático é outro novo exemplo da falta de dirección que teñen socialistas e nacionalistas, moi similar ao caos do goberno de Sánchez”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies