O PP ve inadmisible que o PSOE de Méndez vote contra rescisión do contrato de quen explota un aparcadoiro 10 anos sen pagar e o define de “asuntillo”

O Grupo Municipal do Partido Popular critica a posición tomada polo goberno de Lara Méndez, que permite que unha empresa leve 10 anos xestionando un aparcadoiro público sen pagar o canon ao Concello, un tema que a concelleira de Economía, Ana Prieto, cualificou como “asuntillo”, pero que ten a suficiente gravidade como para que todos os grupos da corporación, coa excepción do PSOE, amosasen o seu apoio para a rescisión do contrato.

A empresa concesionaria do aparcadoiro público da Praza de Viana de Castelo, adebeda o canon de explotación dende hai oito anos, incumprindo deste xeito os pregos de condicións e o contrato asinado co Concello de Lugo. Esta situación está a provocar unha perda para as arcas municipais, e supón unha vulneración da normativa vixente, xa que a empresa concesionaria obtén un beneficio pola prestación dun servizo público, sen aboar o correspondente canon, o que lle permite obter unhas ganancias suplementarias.
No ano 2012, o departamento de Tesourería advertiu que os pagos do canon non se estaban realizando, e dende entón, os gobernos socialistas, ven por incapacidade ou por neglixencia non foron capaces de dar solución a este problema que ten consecuencias de carácter xurídico.
Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
1. Instar ao Equipo de Goberno Local a incoar o expediente de resolución do contrato, coa empresa concesionaria do aparcadoiro público da Praza de Viana de Castelo, e iniciar un novo proceso de adxudicación cunhas novas bases e pregos de contratación.
2. Instar ao Equipo de Goberno a que inicie un procedemento de reclamación a empresa concesionaria das débedas co Concello.

Responder

1 × one =