Os populares ven preocupante a porcentaxe de negocios de comercio e hostalería que botaron a reixa, nos últimos tempos, por mor da crise económica e a pandemia e piden ao bigoberno “un esforzo titánico” para protexer e apoiar  ao comercio de proximidade.

O 40% dos locais comerciais do casco histórico e das principais rúas comerciais de Lugo están pechados tal e como se desprende dun chequeo realizado polo Grupo Popular nunha vintena das principais rúas comerciais da cidade. A rúa San Fernando ten un 83% de locais pechados, e en torno ao 50% a rúa Bolaño Rivadeneyra, rúa Teatro, Noreas. Destaca tamén o 42% de establecementos que botaron o peche na Avenida de Madrid ou o 50% de locais baleiros da rúa Camiño Real.

Diante destes datos os populares piden ao bigoberno que redobre os esforzos e, nesa liña, o voceiro popular Ramón Carballo e o vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide presentaban un decálogo de  medidas de apoio ao comercio e hostalaría local.

  1. Impulsar un Plan de recuperación estética en zonas onde haxa unha maior concentración de locais baleiros do municipio e que, nalgúns casos, levan desocupados anos. “A idea é que os propietarios dos locais baleiros cedan o uso do escaparate para colocar vinilos que pagaría o concello e neles se podería promocionar o consumo local e tamén para potenciar os recursos artísticos y naturais do municipio”. O concello habilitaría exencións do IBI aos propietarios que se sumasen a esta iniciativa co ánimo de dárlle un novo aspecto e mellorar a imaxe da cidade e das rúas que arestora están sen vida, nin color ”.
  2. Axudas ao aluguer e mantemento de negocios A idea é subvencionar dende o concello unha contía máxima do aluguer dos locais comerciais sempre e cando se dediquen a actividades relacionadas co comercio ou hostalería ao por menor ou empresas de servizo dirixidas ás persoas. As achegas económicas as debe determinar o concello para cada casuística e poderían chegar ao 50% do aluguer mensual.
  3. Aplicar exencións ou bonificacións nos recibos da auga e da recollida do lixo a aqueles autónomos e pequenos empresarios que certifiquen unha afección especial ou unha baixada de ingresos significativa debido ás restriccións sanitarias derivadas da covid.
  1. Apoiar ás empresas para que aceleren a súa transformación dixital reforzando a competitividade de autónomos e das empresas comerciais da cidade utilizando o Centro de Novas Tecnoloxías da Casa do Concello para desenvolver cursos específicos on line para o sector que mellore a cualificación do persoal en prestación de servizos, xestión administrativa, tecnoloxía, idiomas e medidas de seguridade.
  2. Programa de axuda á tradución ao inglés das páxinas web das PYMES; axudas para a cartelería que difundan en inglés actividades comerciais así como os productos locais; tradución multilingüe das cartas dos locais de restauración …
  1. Liña de incentivos para a conservación e o mantemento de comercios emblemáticos ben a través de subvencións á rehabilitación ou bonificacións en taxas e impostos municipais co ánimo de garantir estes negocios e favorecer que si cesan a actividade podan permanecer activos noutras mans preservando todo o patrimonio arquitectónico e mobiliario. (exemplos farmacia Rúa Teatro, Cordelería San Pedro …)
  1. Mellorar o aparcamento e a accesibilidade en zonas comerciais. (Ampliación aparcamentos Santo Domingo; Plaza Constitución e Praza do Ferrol; avanzar nos aparcamentos disuasorios; implantación do novo transporte público e poñer en marcha un sistema gratuíto de rotación de vehículos.
  2. Traballar para conseguir un entorno amable (mellorar a limpeza; seguridade con policía na rúa e cámaras videovixilancia)
  3. Revisión das zonas de carga e descarga da cidade, especialmente no Casco Histórico, tendo en conta aspectos como a desconxestión do tráfico nas zonas comerciais. Así como a creación de novas zonas de carga e descarga con horarios que se adapten a todos os servizos para que as operacións sexan máis áxiles.
  4. Potenciar a Mesa Local de Comercio para que funcione como unha canle eficaz de intercambio de información e propostas cos representantes do comercio, establecendo reunións mensuais.

Leave a Reply

nineteen − seven =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies