Os concelleiros populares participarán mañá domingo na manifestación cidadá que hai convocada en Lugo en protesta contra a ley Celáa e anuncian unha proposición de urxencia no pleno para que a corporación se pronuncie na súa contra e garanta a liberdade na educación

Os concelleiros do Grupo Popular participarán mañá na manifestación que hai convocada en Lugo en protesta contra a Ley Celáa. Esta é unha das accións que protagonizarán xunto coa defensa dunha proposición de urxencia no pleno do vindeiro mércores encamiñada a que a corporación se pronuncie en contra desta nova Ley de educación feita “sen ningún tipo de consenso, atacando á liberdade”.

Nesta iniciativa os populares instan ao Goberno “a volver ao pacto constitucional educativo e defenden o ensino concertado e especial”. Para Vázquez é un atropelo que “en plena pandemia, cando tiñan que estar xestionando a segunda ola, o Goberno se dedica a intentar eliminar por Lei o castelán como lengua vehicular”.

No texto da moción denuncia que a “ley Celáa”, aprobada o pasado xoves no Congreso dos Deputados, supón unha ruptura do pacto constitucional en materia educativa. Ademais suprime as libertades educativas consagradas no Artículo 27 da Constitución Española co que impide ás familias elixir a educación e o centro educativo que queren para os seus fillos”.

Os populares tamén critican que a nova lei “ignore as competencias exclusivas do Estado establecidas no Artículo 149 da Constitución, de regulación das normas básicas do desenvolvemento do dereito á educación e a liberdade de ensinanza ademáis da obtención, expedición e homologación de títulos”.

Leave a Reply

eight + six =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies