Servizos sociaisUrbanismo

O Gmpp propón un plan de dinamización para o barrio da Tinería

By 17 Xullo, 2017Sin comentarios

Os populares lamentan que “o equipo de goberno do Concello de Lugo non cumpra coas súas obrigas no barrio da Tinería, abandonando durante anos este barrio que se deteriora ante a pasividade do goberno”.

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, e a concelleira Encarna Amigo lamentaron esta mañá que “o Concello de Lugo non está a cumprir coas súas obrigas no barrio da Tinería. A Xunta sí está a cumprir e como mostra delo ahí están os máis de 20 millóns xa invertidos na rehabilitación desta zona do casco histórico da cidade”.

Ameijide remarcou que “o compromiso da Xunta pódese ver por calquera. Aos cartos xa invertidos hai que engadir a rehabilitación de cinco vivendas por valor de 815.000 euros e os 2 millóns de euros previstos para os dous vindeiros anos. Pero ademais, o compromiso do goberno galego coa Tinería vese reflectido nas 13 vivendas que están en proceso de entrega aos seus adxudicatarios e os máis de vinte millóns de euros xa invertidos ao longo destes anos”.

Para o voceiro popular é moi clara “a nula aposta do goberno local por este barrio. Non só non están a facer nada, se non que nin se preocupan de mellorar o barrio para evitar que a xente se vaía”.

Ameijide denunciou que “o equipo de goberno tería que preocuparse máis dos veciños da cidade. A aposta da Xunta permite que os alugueres na Tinería sexan moi asequibles, pero a imaxe do barrio que permite o Concello fai que os veciños prefiran pagar máis noutras zonas da cidade a vivir nun barrio senlleiro como é A Tinería”.

Proposta ao pleno

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular presentarase unha proposta ao pleno para que se desenvolva un Plan dinamizador para o barrio da Tinería. Antonio Ameijide destacou que “cómpre estudar a posibilidade de implementar bonificacións non só as vivendas, que xa existen, se non tamén aos locales para fomentar a creación de negocios e así recuperar poboación para esta zona tan senlleira para a cidade. Tamén se debería incentivar a rehabilitación de edificios por particulares e controlar as actividades que se dan”.

Para o Grupo Municipal do Partido Popular é preciso mellorar o mantemento, a seguridade e a salubridade na Tinería, competencias directas do Concello e que non se está a tomar coa seriedade que debería.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular hai que reactivar o barrio e o fundamental é xerar negocios na zona, polo que é preciso implementar incentivos fiscais dende o Concello para fomentar o emprendemento no barrio. “Hai que devolverlle vida á Tinería e o goberno local non pode mirar cara outro lado neste asunto”, sentenciou Ameijide.

Antonio Ameijide finalizó asegurando que “sobre todo habería que garantir unha boa imaxe e seguridade no barrio e que se den as condicións necesarias para que a xente se atope a gusto vivindo aquí”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies