O GMPP critica que o bigoberno decida denegar a creación dunha mesa de traballo para establecer unha planificación saudable das especies vexetais

O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta que o bigoberno unicamente mire a cor política do grupo que leva as propostas ao pleno, en lugar de deterse a ler a proposta realizada. Os populares fan esta reflexión despois de ver como o bigoberno decidiu denegar a proposta dos populares para crear unha mesa de traballo para establecer unha planificación saudable, controlando as especies vexetáis a plantar nas zonas verdes do Concello de Lugo.

Os servicios sanitarios están a alertar de que o cambio climático e unha maior contaminación das cidades incrementa o tempo de exposición dos cidadáns ao pólen, polo que se predice que para o ano 2050 as alerxias a estes axentes se dispararán.

Por outra banda, a cidadania está cada vez máis concienciada da necesidade de por en valor a riqueza verde do seu ecosistema, e reclama cada vez máis a protección e posta en valor das especies autóctonas e propias do seu entorno.

Neste contexto, no programa Axenda 21 que o Concello de Lugo se comprometeu a cumprir, destácase que é o ámbito local, como unidade política máis próxima ao cidadán, a que debe aplicar as mellores estratexias frente a problemas como é a Protección do seu medio ambiente, entre outros.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular entendemos que é preciso crear unha Mesa de Traballo na que estén representados ademais do Campus Terra, profesionais do ámbito da xardinería urbana, especialistas en botánica e alergólogos para controlar a plantación indiscriminada de árbores alerxénicos a través da diagnóse do arborado e plantas ornamentais.

Por todo isto, o Grupo Municipal Popular que suscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Instar ao Goberno Local a crear unha Mesa de Traballo Técnica que teña por finalidade establecer unha planificación saudable, controlando as especies vexetáis a plantar nas zonas verdes do Concello de Lugo.

Responder

seventeen − six =