O PP critica que o bigoberno bloquee a creación dunha Comisión Especial de seguimento para consensuar e fiscalizar as medidas municipais para afrontar a crise da Covid-19

By 28 Maio, 2020 Economía, Transparencia

O Grupo Municipal do Partido Popular critica que PSOE e BNG bloqueen a creación dunha Comisión Especial de seguimento para consensuar e fiscalizar as medidas municipais para afrontar a crise da Covid-19.

O venres 13 de marzo de 2020 publicouse no DOG o Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se declaraba a situación de emerxencia sanitaria ante a evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 na nosa Comunidade Autónoma, que daquela contaba con 7 pacientes ingresados en UCI, 26 en unidades de hospitalización, 79 no domicilio e ningún falecido.

Ese mesmo 13 de marzo, os datos en España eran máis preocupantes: xa faleceran 120 persoas e o número de contaxiados positivos eran 4.209. Esta situación levou ao goberno a declarar o estado de alarma mediante o Real Decreto 463/2020, que entrou en vigor o domingo 15 de marzo.

Agora non é o momento, nin o pleno deste concello o lugar máis axeitado, pero é evidente que a tardanza no peche das fronteiras, a autorización de eventos multitudinarios nos primeiros días de marzo, a indecisión no aillamento dos territorios que contaban ao inicio da crise cun alto número de positivos ou os retrasos e erros derivados da compra centralizada de produtos sanitarios poden ser factores que expliquen que España lidere o ranking mundial de falecidos por habitante.

A declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria estableceron a suspensión ou limitación dun número importante de actividades sociais e económicas, así como restricións na mobilidade das persoas (a través do Real Decreto 463/2020) ante o risco para a saúde pública que supón a propagación deste virus.

Todas as administracións debemos traballar coa máxima lealdade e coordinación para implementar, dentro do noso respectivo marco competencial, medidas que garantan a seguridade e a saúde dos cidadáns, así como tamén aquelas que contribúan a minimizar o impacto económico e social derivado desta crise sanitaria.

E, en primeiro lugar, nós debemos velar porque o noso concello como administración máis próxima ao cidadán, en función das disponibilidades orzamentarias e de persoal, preste a mellor atención posible aos colectivos máis vulnerables, así como aos sectores máis castigados por esta pandemia co obxectivo de que a recuperación económica e social se produza á maior brevidade posible.

Dende o Concello de Lugo, tamén temos a obriga de adoptar medidas de impulso da economía local, para garantir o futuro de autónomos, pemes, e o mantemento do emprego local; nesa liña plantexamos que se estude unha batería de medidas para combatir os efectos da crise do Coronavirus no noso país, entre outras dende o GMPP propoñemos que se estude:

  1. Realizar unha análise real da capacidade económica dispoñible no Concello de Lugo, analizando os remanentes dispoñibles, as partidas orzamentarias que non se van a executar e as que son susceptibles de ser empregadas na reactivación do municipio.
  2. Axilizar os trámites administrativos municipais e garantir o pago das facturas a provedores municipais nun prazo máximo de 15 días.
  3. Implantación real e inmediata da tramitación telemática municipal. Hai que minimizar o tráfico de persoas nas instalacións municipais polo que se debe favorecer a tramitación 100% dixital de todos os trámites posibles.
  4. Axilizar os trámites municipais e en especial as licencias municipais: obras, primeira ocupación, actividade…
  5. Impulsar a obra pública municipal, dando especial prioridade á contratación de obras menores, como modo máis áxil e directo de inxectar liquidez no sector da construción. Dando tamén continuidade á licitación de obra pública establecendo ademais mecanismos de limitación das baixas nas ofertas.
  6. Impulsar o inicio e a tramitación dos expedientes administrativos de contratación proxectados para este exercicio, así como axilizar os procedementos pendentes de adxudicación e contratos caducados co obxectivo de reactivar a actividade económica e blindar o emprego.
  7. Aprazamento do pago de taxas e tributos municipais aos autónomos, Pemes, empresas e lucenses afectados pola crise do Covid, cunha disminución do 50% dos seus ingresos, sempre que o soliciten.
  8. Supresión do cobro do segundo trimestre recollida de lixo e auga, aos autónomos, hostaleiros, comerciantes, pemes… e resto de negocios cuxa actividade foi paralizada polo estado de alarma ou sufriron unha perda de ingresos de máis do 50%. Así como estudar posibles descontos e exención polo pago de ocupación de vía pública, vaos… aos principais afectados.
  9. Suprimir o pago de taxas por terrazas á hostelería durante 2020 e os primeiros seis meses de 2021. Autorizar naqueles sitios nos que é posible, ampliar o espazo ocupado polas mesmas, de xeito que coa limitación de aforo podan ver incrementado o número de clientes a atender.
  10. Rebaixa do tipo impositivo das taxas pola prestación de servizos urbanísticos e ICIO para dar un impulso á construción e ao emprendemento.
  11. Bonificar o IBI e Imposto de sobre Vehículos de Tracción mecánica de forma proporcional á duración do estado de alarma aos afectados por un descenso do polo menos o 50% de facturación ou ingresos, chegando a unha exención do 95% aos autónomos e negocios que estivesen pechados durante a duración de crise.
  12. Habilitar unha oficina de asesoramento específico, e un espacio web municipal para centralizar a información de todas estas medidas.
  13. Bonificación IAE ás empresas afectadas pola crise:
    1. Rebaixa do 50% do IAE ás empresas que sufran pérdidas de polo menos o 50% como consecuencia desta situación.
    2. Rebaixa do 50% do IAE ás empresas cuxo sector fose afectado de forma especial pola crise do covid e que ao finalizar o ano non despedisen a ninguén por mor desta crise.
  14. Aplazar o pago do IBI ao último trimestre do ano, aos lucenses que o soliciten.
  15. Ampliación, de forma proporcional á duración do estado de alarma, da partida reservada ás axudas do PLAN REANIMA. Modificar as bases destas axudas para que poidan acollerse entidades sociais, así como dar unha mellor resposta para sectores que non quedaban recolleitos ou non se adaptaban.
  16. Posta en marcha dun Plan de choque para a Reactivación da economía local de polo menos 3 millóns de €, ampliables, para dar axudas a fondo perdido de entre 5-15.000 €, asesoramento, axudas ao aluguer… a emprendedores, autónomos, pemes e empresas afectadas.
  17. Adianto do pago das axudas e subvencións municipais ás asociacións de ámbito social, cultural, entidades deportivas…
  18. Aprobación dun plan de apoio ás entidades sociais que traballan cos colectivos economicamente máis vulnerables e na loita contra a violencia machista.

 

Por outra banda dende o PP entendemos que é importante un traballo conxunto de todos os grupos municipais, por elo propoñemos a creación dunha Comisión especial de seguimento das medidas municipais contra a crise xerada polo Covid19, integrada por todos os gupos municipais cunha representación e funcionamento similar ás comisións de pleno. A idea é analizar, no seo desta comisión e co asesoramento dos técnicos municipais que se estime, as medidas a adoptar no Concello así como dar conta do seu cumprimento. A periodicidade das reunións debería ser a lo menos mensual.

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no concello de Lugo presenta a seguinte:

PROPOSTA DE ACORDOS

 

  1. O Concello de Lugo estudará a implantación de medidas municipais para a reactivación económica e social, a través dos correspondentes órganos competentes e con respeto á legalidade vixente. Tomaranse en consideración entre outras, as medidas recollidas nesta exposición de motivos.

 

  1. Creación dunha comisión especial de seguimento e verificación do cumprimento das anteriores propostas municipais, así como do resto de medidas adoptadas polo Concello para combatir a crise do Coronavirus. Cunha composición similar ás comisións de pleno e cunha periodicidade mensual nas súas reunións, convocando a primeira reunión nos 15 días seguintes a súa aprobación.

 

Responder

twelve − three =