LUGO EN MARCHA CO TALENTO E O EMPRENDEMENTO

 

  1. Elaboraremos un Plan de captación de investimentos, empresas e xeración de emprego”para difundir as bondades e vantaxes de investir en Lugo, tanto en ferias nacionais como internacionais, así como campañas de captación de empresas e inversións.
  2. Impulsaremos un “Programa de Emprendemento Municipal”para fomentar o espírito emprendedor como unha alternativa fronte ao emprego por conta allea, xerando novas oportunidades para a creación de postos de traballo.
  3. Facilitaremos medidas e incentivos para buscar a ocupación dos locais baleiros do núcleo histórico e do resto da cidade, e fomentaremos a mellora da imaxe destes locais mentres non sexan ocupados.
  4. Poremos en marcha un Programa de Mentores Senior”, onde se poida resaltar a experiencia e os coñecementos de persoas que xa remataron a súa vida laboral, pero que pola súa profesión poden axudar ó emprendemento.
  5. Impulsaremos un “Plan de Rehabilitación e Mantemento de Polígonos Industrias”en colaboración coas asociacións empresariais, para mellorar o asfaltados das rúas, a sinalización viaria, a rede eléctrica, etc.
  6. Estableceremos un Plan de Incentivos Fiscais”cunha duración de catro anos, dirixido á atracción de novas empresas xeradoras de emprego, bonificando ata un 50% as licenzas de apertura, obras e no imposto de actividades económicas.
  7. Crearemos un Programa de axudas locais ao emprendemento, para a creación de novas empresas pertencentes ao sector do pequeno comercio.
  8. Potenciaremos a “Mesa Local de Comercio”para que funcione como unha canle eficaz de intercambio de información e propostas con representantes do comercio, establecendo reunións mesuais.
  9. Implantaremos Plans de Apoio ao Traballo Autónomo e a PEMES”, para favorecer a sostenibilidade dos negocios familiares.
  10. Adoptaremos a “Innovación Social”como modelo colaborativo baseado na xestión do talento, dirixido a empoderar á cidadanía e diferentes actores sociais para que interveñan na toma de decisións, co fin de que acheguen alternativas e solucións que xeren valor público que impacten na nosa cidade.
  11. Elaboraremos “Plans Especiais de Investimento e Actuación Territorial”,orientados á provisión de dotacións e infraestruturas básicas nos barrios da cidade con maiores desigualdades, de cara a facer máis competitivas a estas zonas, favorecendo o emprendemento, o emprego e a xeración de oportunidades.
  12. Impulsaremos de xeito real e efectivo os viveiros empresariais prestando unha especial atención á capacidade de xeración de tecido empresarial.
  13. Crearemos os “Premios do Emprendedor” dirixido aos mellores proxectos e iniciativas empresariais que se leven a cabo no Concello.
  14. Executaremos un plan formativo de apoio á incorporación laboral e ó emprendemento de persoas con maior dificultade para acceder ao emprego, como a mocidade, as mulleres e maiores de 45 anos, persoas con discapacidade e aquelas en situación de risco ou vulnerabilidade.
  15. Crearemos un “Consello Cidadá para o Emprego”,formado por axentes sociais e empresas locais para impulsar medidas políticas activas de emprego, dirixidas á creación de oportunidades para a xeración de negocios e emprego, así como á cualificación e á reciclaxe profesional, especialmente daquelas persoas en situación de maior dificultade para acceder ou retornar ó mercado de traballo.
  16. Poremos en marcha unha liña de axudas para a renovación e modernización do pequeno comercio mediante a implantación das novas tecnoloxías.
  17. Desenvolveremos accións que poñan en valor o comercio tradicional e que promova a comercialización de produtos autóctonos.
  18. Elaboraremos unha Guía do Comercio de Proximidade e da Hostalaría”, tanto en papel como en formato electrónico, que recolla un catálogo de servizos e establecementos que favoreza a creación unha imaxe e manual de identidade corporativa que identifique o comercio de Lugo.
  19. Crearemos un “Fondo Municipal de Bolsas de Formación”que vaia dirixido a parados de longa duración.
  20. Fomentaremos a actividade comercial nos mercados municipais e modernizaremos os edificios e instalacións.
  21. Apoiaremos ás empresas de economía social, o seu crecemento, así como o impulso á cooperación e asociación das mesmas como fórmula para favorecer a súa consolidación e expansión.
  22. Crearemos canles de comunicación co restos de Centros de Empresas e Innovación do país, para compartir as experiencias de persoas emprendedoras, aproveitando as sinerxías que xeran a Sociedade do Coñecemento.

 

Voltar as propostas