LUGO EN MARCHA CO DEPORTE

O obxectivo que se debería marcar o Concello é que ninguén quede sen facer deporte e que a súa práctica sexa segura. Estas son as dez medidas do proxecto para impulsar o deporte en Lugo.

  1. Crearemos un novo pavillón polideportivo multidisciplinarpara dar cobertura á gran demanda que hai en Lugo para a práctica do deporte de sala 
  2. Dotaremos a Lugo dunha nova piscina municipal climatizada
  3. Ampliaremos e unificaremos os horarios das piscinas municipais de As Pedreiras e Frigsa que abrirán ás sete da mañá e pecharán as 23.00 horas. Completaremos a oferta coa apertura en festivos e fin de semana.
  4. Estudaremos o aproveitamento dos 300.000 litros mensuais da auga dos vasos de ambas piscinas municipais para o baldeo ou outros usos.
  5. Acometeremos a construción dunha nova instalación deportiva para a práctica do rugby
  6. Realizaremos a cobertura dunha das tres pistas de tenis do Palomar
  7. Remodelaremos a cuberta e as fiestras do pazo municipal dos deportes
  8. Realizaremos un recoñecemento exhaustivo das condicións de seguridade, accesibilidade, mantemento … de todas as instalacións deportivas municipais. Planificaremos de forma progresiva as obras para mellorar as deficiencias existentes.
  9. Crearemos unha brigada de mantemento específica para reparar e conservar estas infraestruturas municipais.
  10. Potenciaremos a práctica do deporte na rúa nas distintas modalidades e para distintas idades creando espazos deportivos ao aire libre, circuítos biosaudables …
  11. Creación dun patronado de deportes para coordinar e deseño de programación das actividades deportivas municipais.
  12. Crearemos unha nova pista polideportiva
  13. Crearemos un campo de fútbol para o deporte base

 

Voltar as propostas