Economía

O PP acusa a Lara Méndez de renunciar, neste mandato, a solucionar a problemática adxudicación das casetas do polbo

By 11 Setembro, 2017Sin comentarios

O voceiro do PP Antonio Ameijide ironizou coa afirmación da alcaldesa que dixo estuda incluir cláusulas de penalizacións a partir de 2020 e interpretan esta saída como “a confirmación de que non teñen nin a máis mínima intención de solucionar un conflicto que eles mesmos crearon”

O voceiro popular Antonio Ameijide ironizou coa data do ano 2020 que a alcaldesa se fixa para incluir novas cláusulas no prego de condicións para a adxudicación das casetas do polbo. Os populares acusan ao PSOE de ser eles os que fomentan a situación que se vive estes días con renuncias de determinados empresarios para facerse coas casetas do polbo a prezos máis baixos.

Ameijide afirma que unha vez máis “a alcaldesa que creou o problema, dá por feito, con este pronóstico, que é incapaz e non ten ganas de solucionalo mandato. Está claro que non ten intención de dárlle unha solución e que terán que ser outros os que enderecen esta situación que tanto perxudica á recadación municipal e á imaxe do principal reclamo gastronómico do San Froilán”.”. O voceiro do PP lembraba que os socialistas manifestaron no seu día que se actuara de forma axeitada algo que contradí a afirmación de Lara Méndez de cambiar os pregos de condicións.

Dende o Partido Popular insisten en que os pregos de condicións estaban mal plantexados e que a contratación que se fixo en 2016 debería  contemplar que as empresas que se presentasen á subasta tivesen “un mínimo de experiencia hosteleira e que o caldeiro e a caseta se adxudicase de forma conxunta e sempre evitando adxudicar máis dunha caseta e caldeiro a cada empresa para garantir a calidade e a competencia”. Os populares tamén advertiron que para que non haxa especulación  “se debería incluir unha cláusula para que aquelas firmas que se presenten asuman unha mínima responsabilidade, establecendo unha garantía provisional de ata o 5% do orzamento da licitación, con penalizacións en caso de non cumprir as ofertas ou renunciar a elas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies